Francelos...

... atópase a un quilómetro escaso do Municipio de Ribadavia (Ourense). Nace trala confluencia do río Avia e o río Miño. Baixando a lomos das súas augas, o pobo asómase na ribeira dereita. É coñecida pola súa xoia prerrománica, a Capela de San Xes, e famosa gastronómicamente polas anguías. Francelos é chamado polos seus habitantes “Valparaíso”, debido a que se sitúa nun val, conformando unha idílica paisaxe, que está a uns 100 metros sobre o nivel do mar. Esta parroquia que conta aproximadamente con 950 habitantes, tamén se atopa regado polo regato Outeiro. Formado por innumerables pozas que se crean na súa baixada polo val, e ao cal se acode para refrescarse no verán. É unha terra rica en viñedos, e áchase rodeado de montañas, cubertas de vexetación, que o protexen dos ventos, proporcionando un ambiente suave é húmido, propicio para a vide. E a súa vez, as súas ladeiras de recodos sinuosos, recortan un ceo azul e puro que ilumina esta preciosa e apracible paraxe.

novas...

A RESTAURACIÓN DA PONTE MEDIEVAL DE FRANCELOS iniciouse o día 14 de novembro. Ten unha gran importancia histórica por formar parte do camiño medieval que transcurría tralo Pazo denominado "A Granxa do Outeiro", dependente do Monasterio de Melón. Este camiño era unha das principais rutas medievais de comunicación comercial da comarca de O Ribeiro para transportar os viños e como vía de comunicación. A actuación consistirá no empedrado da ponte e o seu entorno, tratándoó có respecto que merece este monumento e o camiño medieval do que forma parte. As obras están incluidas nas actuacións do plan provincial de cooperación xunto con outros camiños na localidade de San Paio e de Prexigueiro, contando cun orzamento total de 60.165 euros. (17/10/2016)
SIRENAS DO PLAN DE EMERXENCIA DA PRESA DE CASTRELO: A finales del año 2015
instalaronse catro sirenas (unha delas en Francelos, xunto á depuradora) dentro das medidas de implantación do Plan de Emerxencia da Presa de Castrelo, para incrementar as garantías de seguridade da poboación. Así mesmo, na mañá do día 16 de Febreiro, realizáronse diversas probas de son como parte dunha simulación de activación de dito Plan, para que os veciños coñeceran a sinal das sirenas, por si algún día sucedese a rotura da presa. Foi audible nos concellos de Castrelo de Miño, Ribadavia e Arnoia. Este Plan tamén foi implantado na presa de Frieira. (06/02/2016)
COMEZO DAS OBRAS NA "GRANXA DO OUTEIRO"A mediados do mes de xaneiro iniciáronse as obras na contorna da "Granxa do Outeiro" en Francelos. Este lugar que e considerado como parte do patrimonio de O Ribeiro, estaba nunha situación de total abandono, e por iniciativa particular, vai ser arranxado e recuperado para facer unha especie de hotel ou casa de turismo rural(15/01/2016)
REHABILITACIÓN DA PONTE DE FRANCELOS: O pleno da Corporación Municipal de Ribadavia aprobou a proposta do grupo de goberno socialista sobre a relación de obras para acollerse aos Plans Provinciais correspondentes ao ano 2016, que contempla a rehabilitación da ponte románica de Francelos.
Foi a segunda ocasión que a Corporación abordou este asunto, dispois de deixalo sobre a mesa nunha sesión anterior a petición dos grupos da oposición PP, BNG e Ribeiro en Común, que non deron o seu voto favorable porque a proposta non fora previamente consensuada pese a que o PSdeG goberna en minoría.
Nesa primeira sesión non foi suficinte o único apoio de CXG, ainda que onte finalmente resolvíase coas abstencióes do PP e BNG e o voto a favor tamén de Ribeiro en Común.
A aprobación prodúxose dispois dunha reunión de portavoces e unha comisión informativa na que non se chegou a consensuar a relación de obras, xa que PP e Ribeiro en Común, tambén plantexaron as súas respectivas alternativas. (24/11/2015)
PLACA HOMENAXE A D. JOAQUÍN: Tras a celebración da derradeira misa en domingo que D. Joaquín oficiaba na Iglexa de Sta. Mª. Magdalena, (debido a súa xubilación e regreso ao seu pobo natal en Zamora), o cura descubriu ante a mirada atenta do pobo, unha placa colocada á dereita da porta da iglexa, que reza: A parroquia Santa María Magdalena de Francelos ao seu parroco D. Joaquin Perez Mostaza 1965 - 2015. (13/09/2015)
50 AÑOS COMO CURA: Os veciños, amigos e fieles homenaxearon ao párroco de Francelos e Prexigueiro, D. Joaquín Pérez Mostaza (Xocas cunha comida de fraternidad no restaurante Oasis, tanto por cumplir 50 anos como cura, como porque se xubila e retorna ao seu pobo natal de Zamora. (06/09/2015)
HOMENAXE A ODETTE PÉREZ QUINTAS, "ANITA": O salón de Plenos do Concello de Ribadavia acolleu un acto homenaxe e recoñecemento a Odette Pérez Quintas, coñecida por Anita, e natural da parroquia de Quins ainda que a maior parte da súa vida a desenrolou en Francelos (Ribadavia), onde dende sempre se mostrou como dinamizadora da vida cultural, social e educativa. Coñecida como activista, incansable nas causas de xustiza social e en el campo cultural, e a súa voluntad e loita para contribuir ao benestar, desenrolo e mellora da vida de seus veciños que foi recoñecida polo Concello de Ribadavia nun acto de agradecemento ás 12:00 horas da mañá(30/05/2015)
O FRANCELOS FC, SUBE A 1ª AUTONÓMICA: O pasado Domingo 17 de Maio, xogouse no Campo de Valboa o último partido da tempada 14-15, contra o Loñoá CF. Loitábase polo ascenso de categoría. Só podían subir dous, o Peroxa FC xa estaba clasificado, e pola outra praza loitaban o Francelos FC e o Maside FC, separados ambos por un punto a favor do noso equipo. A aficción acudiu ao campo vestidos de vermello, e tras 90 minutos de infarto gañamos 2-0 ao Loñoá CF. (17/05/2015)   
REAPERTURA D'O BAR CABEZAS': Tras unhas efectivas remodelacións e modificar a estética, sobre todo na súa famosa terraza, unha nova xeración da familia "Os Cabezas" volve a abrir o bar-cafetería tras unha gran tempada pechada. Ainda que agora pase a chamarse "A Parra", a xente seguirá quedando para tomar algo n"O Cabezas". Seempre foi un dos bares máis representativos de Francelos tanto pola comida como polo servizo excelente que prestaban. (08-05-2015)
PECHE D'O BAR CADENAS': Despois de 43 anos, pechaba o derradeiro dos bares emblemáticos en Francelos, o Bar Cadenas. Os seus propietarios, Pepe, Benxamín, Lola e Felisa, fixeron que o noso pobo fose recoñecido en moitos sitios como un lugar perfecto para comer os mellores peixes e anguias. Nalgún intre había 3 locais onde se podían degustar estes pratos típicos, eran o Bar Maruja, o Bar Cabezas e o Bar Cadenas. (21-02-2014)
INAUGURACIÓN DUN VELATORIO: Francelos contará cunha sala velatorio, remodelando curiosamente as instalacións dunha antiga fábrica de ataúdes clausurada fai moitos anos. Os mortos siguen sendo a finalidade destas vellas instalacións de Francelos das que no seu día saían centos de ataúdes e que agora os recibe pero con ocupantes incluidos para ser velados. Unha nova función para as que foron reconvertidas e que foi moi ben acollida polos veciñosEsta sala velatorio atenderá non so aos difuntos da parroquia senon ao resto do municipio. Das moitas fábricas de ataúdes que fai décadas tíña Ribadavia agora so queda unha, da familia Chao, que no seu momento era a número un de España, e que agora viu reducida significativamente as suas ventas ante a existencia de novos competidores notros concellos e comunidades autónomas. (03-01-14)
O COCHE DE GOOGLE RECORRE DE NOVO FRANCELOS: No verán do 2013 o coche de Street View de Google grabou coa súa cámara algunhas rúas do noso pobo ás que non se podía acceder antes. Gracias a estas grabacións podremos exploralo de forma virtual e con unha visión de 360º. Dende a mesma entrada do pobo, podremos percorrer a estrada de Filgueira, incluso baixar pola rúa Ramal ata a praza do Curceiriño. Aínda así hai rúas polas que non podremos desplazarnos como por exemplo, pola rúa Lucía. Se seguimos a estrada OU-801 podremos chegar ata Prexigueiro (eso si, sen adentrarnos no mesmo). (16-07-13)
RUTA DO VIÑO DO RIBEIRO: Procedeuse á señalización da denominada “Ruta do Viño do Ribeiro”, que forma parte duna das cinco rutas do viño de Galicia (que xunto a tres de Portugal integran o plan europeo Interreg). A execución destta ruta iniciouse no 2008 có presuposto de 144.000 euros, e ademais concedeuselles unha subvención de 101.000 euros para un plan de promoción. A “Ruta do Viño do Ribeiro” xorde co obxeto de promover o desenvolvemento socioeconómico desta comarca vitivinícola ademáis de conservar o patrimonio artístico, cultural e natural e como non difundir a cultura do viño. (01-07-11)
INAUGURACIÓN DO PARQUE: Ás 12:30, tras varios intentos frustrados polo mal tempo, levouse a cabo a inauguración da nova área de recreo de Francelos. Descubriuse unha placa conmemorativa da apertura do parque, despois as autoridades locais dedicaron uns minutos a explicar dito acontecemento e finalmente a cita concluiu cun aperitivo para todos os asistentes, regado con viño do Ribeiro. A nova zoa de recreo ten unha superficie de 5.000 metros cuadrados, na que se distribue un parque infantil, espacio para a ximnasia, carril bici e de patinaxe, un pequeno escenario con gradas para diversos espectáculos como teatro, sendeiros para peatons, un estanque e tamén un espacio habilitado para a celebración das festas e para o baile. (26-02-11)
NOVOS ACCESOS AOS VIÑEDOS: O pasado luns día 18, comezou o ensanchamento e afiermado dos accesos aos viñedos, e a mellora do regadío. Deuse inicio na 'Riveira' do rio Miño, pasando por 'De Alvarez', seguindo polo 'Galiñeiro', 'Barreiro', 'Barcelos' para rematar no 'Lumideiro' (tamén chamado 'As Puzas'). O proxecto ten un orzamento de 75.624 euros. (18-10-10)
ABERTO O VALNEARIO DE PREXIGUEIRO: Fíxose a partires da reconstrucción dun antigo edificio, utilizando como materiais principais a pedra rústica e a pizarra, e respetando o entorno natural e forestal no que se atopa ubicado o manantial termal. Está formado por oito termas ao aire libre, cinco de auga quente, un spa e duas de auga fría (oscilan entre os 37º e 41º), conformando un circuito perfectamente integrado na paisaxe, que se complementa con outras tantas bañeras individuais no interior do edificio. O establecemento ten capacidade para acoller entre 500 e 800 persoas ao día, e realiza tratamentos con variedades de uva treixadura e mencía, ademáis de prestar outros servizos. (30-07-10)
COMEZO DAS OBRAS: No último día do mes de Maio comezaron as obras para a recuperación mediambiental do antigo campo da festa de Francelos. Un gran cartel indica que a obra está promovida polo concello de Ribadavia, que o contratista é Belypa Construcciones, S. L., e que o orzamente alcanza os 304.984,32 €. Tamén se fai saber que o prazo de execución está previsto para Decembro do 2010. (31-05-10)
PROXECTO DO NOVO PARQUE: O Alcalde de Ribadavia, Marcos Blanco, xunto a dous concelleiros, acudiron ao Centro Social de Francelos, para dar a coñecer o proxecto e os planos do novo parque que se realizará no antigo campo da festa de Francelos tras ser adquirido polo Concello. (12-02-10)
30 ANIVERSARIO: A Charanga Valparadiso de Francelos cumpliu 30 anos neste entroido. Esta asociación naceu en 1980 coa intención de encher de colorido e de cantos as rúas do Ribeiro. Sempre foi e será unha das charangas máis felicitadas e premiadas destas festas, pola ledicia que desprende e polas melodías e cancións compostas pola alma desta murga, Ana Odette Pérez. (09-02-10)
RECUPERACIÓN CAMPO FESTA: O Fondo Estatal de Inversions Locais de Ribadavia para o ano 2010 supondrá unha inversión para o concello de casi 600.000 euros, que a corporación municipal destinará, de forma maioritaria, á realización de proxectos no medio rural. O de maior coste, cunha inversión de 304. 000 euros concretarase na recuperación medioambiental do antigo campo da festa de Francelos, que tras ser adquirido polo Concello, cumplindo una promesa electoral do PSOE transformarase agora nun amplio espacio lúdico e de ocio, según recoñeceu o rexidor, Marcos Blanco Jorge. (04-02-10)
CHEGA O TDT: Según o calendario de apagóns analóxicos e conexións da TDT, prodúxose a desconexión dos centros de Cea, Maceda, O Carballiño, O Irixo, Maside, Ribadavia-Cenlle e Toén. Os apagados beneficiarán a 41.800 persoas repartidas por un total de 15 municipios da provincia de Ourense. O día seguinte, realizouse a desconexión de varios centros de municipios de Lugo e Ourense, concretamente de O Barco de Valdeorras no caso ourensano. O apagado completarase o día 1 co apagado en Ourense, Avión, Chandrexa, Lobios, Leiro, Nogueira, Sobradelo e Espadanedo. (27-01-10)

GOOGLE RECORRE FRANCELOS: O coche de Google Street View recorreu Francelos cunha cámara no teito para facer fotografías panorámicas a nivel de rúa (360 grados de movemento horizontal e 290 grados de movemento vertical), permitindo aos usuarios ver partes do poblo e as suas áreas circundantes. Pódese navegar a través destas imáxes utilizando os cursores do teclado ou usando o rato. Todas as fotografías son sempre modificadas antes da súa publicación final, difuminando caras e matrículas, debido ás políticas de privacidade internas dos diferentes países nos que o servizo está presente. (04-09-09) Pincha AQUÍ para acceder a Street View.
ENSANCHAMENTO DOS CAMIÑOS: A principios do mes de Decembro, iniciaron o ensanchamento dos accesos as viñas e mellora do regadío, comezando nas 'Carballeiras' e rematando no 'Paso' da vía do tren, que tamén será modificado para que só poidan cruzar as persoas, excluindo así o paso a todo tipo de vehículos. (04-12-08)
27% DOS VOTOS: O casco Histórico de Ribadavia, resultou a vencedora no concurso "A Terra dos Prodixios", ao ser a elexida como a maior marabilla de Galicia. No segundo lugar quedou o Colexo do Cardenal de Monforte de Lemos cun 26%, en terceiro as Dunas de Corrubedo cun 24% e en cuarto lugar a Torre de Hércules cun 23%. (27-10-08)RIBADAVIA FINALISTA: O casco Histórico de Ribadavia (Ourense), xunto coa Torre de Hércules e as Dunas de Corrubedo (A Coruña) e o Colexio do Cardeal de Monforte de Lemos (Lugo), son as tres xoias da xeografía galega que conseguiron ser as finalistas do concurso "A Terra dos Prodixios". Todas elas buscan ser escollidas como a maior marabilla da comunidade autónoma galega. O Xoves será a final na Televisión de Galicia. (24-11-08)DEZASEIS ALEGACIÓNS: Presentounas a asociación ecoloxista Coto do Frade ao Plan Galego de Residuos Sólidos, elaborado pola Xunta. Nelas rexeitan as explicaciones oficiais dadas pola Consellería de Medio Ambente, e expoñen a inviabilidade do centro receptor de Residuos, pola cercanía a núcleos poblacionais, esixiedo unha información clara e transparente en todoslos aspectos. (18-11-08)
O NOSO CURA: Don Joaquín (Xocas), cumpliu neste ano 2008 as Bodas de Ouro Sacerdotais, e preto de 500 persoas do pobo de Francelos e Prexigueiro, participaron na homenaxe ao párroco. Primeiro, na igrexa parroquial de Santa María Magdalena (Francelos), foi oficiada unha misa solemne polo vicario da Pastoral da Diócesis de Ourense, e despoís, os asistentes participaron nunha gran comida de celebración. Os feligreses e amigos contribuiron a entrega dunha placa conmemorativa dos 50 anos como sacerdote xunto cun reloxo. Joaquín Pérez Mostaza é natural de Zamora, ten 77 anos de idade, e reside en Francelos dende fai 43 anos. Ademaís de ser párroco de Francelos e Prexigueiro, tamén é arcipreste de Ribadavia. Coa súa chegada á comarca, rematouse de construir a igrexa, posto que antes sómente se contaba coa capela de San Xes. (19-10-08)
MEDIO SÉCULO DESPOÍS: Recuperouse a titularidade pública dunha paraxe que pasara a mans privadas no ano 1956, e que está ubicado na estrada de Filgueira. Antigamente este terreo era utilizado como campo de fútbol e incluso para corridas de toros. Para recuperalo, Medio Ambiente invertiu uns 225.000 euros, e agora destinaráse para crear unha área recreativa con zoa verde, na que tamén se podrán celebrar as festas de San Pedro e San Xes. (11-10-08)
DENUNCIA POR VERTIDOS: O pasado día 31 de Xullo, entre as 17:00 e as 18:00 horas, detectouse un vertido de lodos procedente da depuradora de augs residuais da localidade de Francelos ao rio Miño, según denunciu un vocal da asociación ecoloxista Coto do Frade, ante a Garda Civil de Ribadavia, no día de onte. (02-08-08)
PRAZA RENOVADA: Concluiuse a reforma da Praza do Curceiriño. Obras iniciadas o 9 de Outubro do 2006, grazas a un convenio de colaboración firmado polo Concello de Ribadavia coa Consellería de Medio Rural para ampliar os traballos na praza do Curceiriño de Francelos, para concluir o seu empedrado. O empedramento prolongouse maís do previsto, e Medio Rural tubo que ampliar con 120.000 euros a reforma da praza de Francelos. (11-10-07)
PARQUE SI ou NON?: Os opositores ao Parque MedioAmbiental de Carballeda de Avia manifestaronse polas rúas de Ribadavia ata a Praza Maior. Unhas fontes dicen que participaron 5.000 personas, outras dicen que só foron 750. O dilema está servido. Hainos que apoian (arroupados polo Psoe) a ubicación do parque, destinado a empresas que reciclarán a basura de Galicia, negando que a zona se convertirá nun basureiro e que será positvo, xa que xerará a creación de emprego. En contra, está a xente do foro "Temos dereito a saber" que solicita unha maior claridade nos proxectos, posto que creen que se están encubrindo datos, e que o único que conlevará este parque é a agresión ao medio ambiente, arruinando terras, rios e incluso á poboación pola súa proximidade. (15-09-07)
PONTE COMO NOVA: Un Obradoiro de Emprego de Ribadavia reformou a Ponte Románica e o entorno de Francelos, debido a unha memoria presentada pola Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico e o departamento de promoción socioeconómica do Concello de Ribadavia ante a Xunta. (21-01-06)
CONTENCIOSO: Os veciños de Francelos esperan a convocatoria dunha reunión informativa do Concello. O alcalde non reuniu aínda, como anunciou, a os veciños de Francelos para informarlles da situación actual e ofrecer asesoría xurídica no caso de que queiran presentar algún contencioso administrativo contra a minicentral. (07-02-06)
A GRANXA: O pasado 12 de Agosto, un importante incendio que se originou en Melón, alcanzou A Granxa do Outeiro, destruindo unha gran parte deste coñecido Pazo de Francelos. A consecuencía desto, o Pazo quedou deshabitado, feito que foi aproveitado por uns ladróns para roubar varios efectos (seis cadros, un sillón de coiro con escudo, un escudo antigo, dous lavabos de porcelana, un alambique, cen libros antigos, unha lámpada de madeira e unha vaixela antiga) valorados en 60.000 euros. A Garda Civil iniciou as pesquisas para localizar aos ladróns e aos efectos roubados. (23-12-06)
ACAMPADA BRULL: O colectivo ecoloxista Coto do Frade preparou para este fin de semana unha acampada reivindicativa para defender o rio Brull, ao seu paso por Francelos, no que se prevé a construcción dunha minicentral. A presa, según lembran os ecoloxistas, estará ubicada entre Francelos e Barcia e conta xa con todos os permisos necesarios. (13-07-06)
MINICENTRAL, NON: A asociación ecoloxista Coto do Frade encheu as rúas das localidades de Francelos e de Barcia de pancartas reivindicativas en contra do proxecto de Engasa no Ribeiro. Os membros da asociación ecoloxista dedicaron boa parte do fin de semana en encher as localidades de Francelos e de Barcia, os principais afectados pola solicitude feita dende a empresa Engasa dun aproveitamento hidroeléctrico, de banderolas de tea reivindicativas. Nelas, con humor pero con contundencia refléxase, «Engasa fora de aquí», «Non te vendas veciño», «Minicentral non», ou a súa equiparación de todaslas formacións políticas á hora de defender o río entre outros lemas. (16-01-06)
SAN XOAN: O xuzgado de Ribadavia investiga os actos vandálicos ocurridos na noite de San Xoan. Xa que entre as doce da noite e as tres da madrugada, varios grupos de mozos cortaron en varias ocasións o alumado público no cadro eléctrico de Francelos, e houbo un enfrentamiento, a pedradas, con varios veciños. Incluso en Ribadavia, prodúxose a queima dun coche, convirtindo a mera broma en delito. (24-06-05)
CAMPEÓNS !: O Francelos Fútbol Club gañou por 2-0 (goles de Iago Soto Nores) a Copa Diputación B, nunha apaixoante final contra o Ribadavia Ath.. Partido que se celebrou ás sete da tarde n'O Couto (Ourense), a pesares das altas temperaturas vividas onte na cidade.(18-06-05)
PISCINA FLUVIAL: Ainda que a construcción da piscina cumpre as normas da Confederación, o proxecto de construcción dunha piscina fluvial en Francelos foi cuestionado polos concelleiros nacionalistas que alertaron ao rexidor, a través dun escrito entregado no Concello, da posibilidade de que as obras non se estén axustando á proposta técnica inicial. Trátase de acondicionar para o baño, a praia fluvial de Valboa en Francelos, o que esixe a instalación no rio Brull dunha presa desmontable. (09-06-03)
CEMITERIO: O consenso presidiu a elección do terreo no que ubicar o camposanto, unha superficie ubicada entre as localidades de Francelos e de Prexigueiro, existente xunto a unha antiga canteira. Así que, o novo cemiterio de Ribadavia farase nun solar próximo a Francelos. (24-01-03)
PARADA CATAMARÁN: Maís avanzada, en canto as negociacións se refiere, atòpase a posibilidade de lograr que o catamarán que percorre o rio Miño faga unha parada en Ribadavia, en concreto na localidade de Francelos, descartando a ubicación inicial na zona d'A Barca. Ainda que pode resultar dificultosa a súa execución, posto que en Francelos non existe a profundidade suficiente, tal e como se pudo comprobar nunha viaxe polo grupo de gobierno e a empresa que leva o catamarán, Autna. (26-09-03)´
NECRÓPOLIS: Fai vinte anos, unhas excavacións para adecentar o entorno da capela de San Xes de Francelos foron noticia, posto que nos baixos da igrexa de San Xes de Francelos existe unha necrópolis medieval. (10-08-02)
CHEGA O €URO: A Oficina Municipal de Información ao Consumidor, Omic, e a Asociación de Consumidores e Usuarios do Ribeiro, Acur, están desarrollando novas campañas de información e difusión ante a inminencia da entrada en vigor do euro. Ata a data organizaron charlas informativas en locais sociais de Francelos e Sampaio, que continuarán noutros centros. En ambos casos, considérase que o resultado obtido é altamente satisfactorio debido ao elevado número de asistentes, ao redor de cincuenta. (24-11-01)
PARQUE INFANTIL: Realizouse en Francelos, nun mes e medio, e cunha inversión de dous millóns de pesetas, unna nova área de esparcimento e recreo, ao lado do campo de fútbol e á ribeira do río Outeiro, que se completará cun parque infantil moi próximo a esta área, que estará dotado de «todo tipo de artificios para que os rapaces de Francelos teñan un lugar digno onde se poidan divertir». (18-06-01)
DANOS CUANTIOSOS: Os desperfectos maís graves foron na depuradora de Francelos -por 12,4 millóns- e no pabellón de deportes -que esixe unha inversión de casi 8 millóns-. Hai que ter en conta, sin embargo, que a reparación de camiños- en Santa Cristina, Sampaio, San Cristovo, Franqueirán, Santo André, Esposende, A Groba, As Chabolas, Francelos, Sanín e Prexigueiro- supera os 20 millóns. O resto dos daños detectáronse nos campos de fútbol d'O Xestal, San Cristovo e Francelos, as piscinas d'A Veronza, varios muros de cachotería, o parque público d'A Veronza, na estación de autobuses e en maquinaria da escola taller. En total, os daños polas inundacións do invierno ascenden a 120 millóns. (25-04-01)
INUNDACIÓNS: O temporal deixa na Comarca do Ribeiro, innumerables destrozos en camiños e instalacións. Debido á gran cantidade de choiva caída, aumentaron o seu nivel e caudal, tanto o rio Avia e o rio Miño, provocando importantes daños en Francelos, inundando a depuradora, asulagando a rede de abastecemento e saneamento, destrozando os camiños e cortando as estradas, sobre todo n'A Formigueira. Tamén houbo importantes daños en Ribadavia, tanto n'A Veronza, como no campo de fútbol O Xestal. (22-03-01)
DEFENDER AOS RIOS DO RIBEIRO: No marco das mobilizacións impulsadas pola Coordinadora Galega na Defensa dos Rios (CO.GA.DER), a Asociación Ecoloxista da Comarca do Ribeiro "Coto do Frade" e a Plataforma veciñal contra a Minicentral no rio Outeiro-Brull (Barcia-Francelos) realizouse unha concentración na Praza de Galicia, en Santiago, en defensa dos ríos da comarca ourensana do Ribeiro. (23-12-00)
NON A MINICENTRAL !: Celebrouse unha manifestación en Ribadavia, á que se presentou unha multitude de xente para evitar que a empresa Engasa, faga unha minicentral no río Outeiro-Brull, baixo os eslogans "Ríos para a vida, axuda a defender os ríos" , "Non á minicentral do Brull-Outeiro" , "Pola defensa dos noso rios, non os encoros" e "O rio e noso, o rio non é voso". (14-03-99)
CURTAMETRAXE EN FRANCELOS: A pesares do mal tiempo, Alber Ponte dirixe a curto "Atlántico Express", na caseta do tren. Ademaís de director, Alber é o guionista e o productor, coa súa productora Sierra Madre Producciones, S.L.. Os actores que participan neste proxecto son, Uxía Blanco, Manuel Botana, Elena Caccamo e Lúa Pereiro. De xénero dramático, pódese resumir o argumento así: "Despoís de varios anos emigrada, Lucía volve á casa paterna para intentar reatoparse coa súa infancia. Alí acontecerá algo que cambiará a súa vida". Pincha AQUÍ para ver o vídeo. (25-02-93)
DEPURADORA: Constrúse en Francelos, xunto á desembocadura do río Outerio no rio Miño, unha Estación Depuradora de Augas Residuais (E.D.A.R.). Fai un ano, xestionáronse e mercáronse os terreos en Francelos para a creación de dita pranta de augas residuais. (93)
CAMPO DE VALBOA: Acórdase mercar un terreo propiedade de Guillermo Martinez para a construcción dun campo de fútbol na zoa de Valboa (de ahí o seu nome). Realíxase grazas a unha subvención de 4 millóns de pesetas, e dos donativos dos veciños. Antes da federación do Francelos como Club de Fútbol, o equipo xogaba os seus partidos no campo d'As Travesas, situado na entrada do pobo. O 9 de Mayo de 1980 foi rubricada a federación do club. (05-08-82)

REI JUAN CARLOS I EN RIBADAVIA: O rei de España visita Ribadavia, e estás foron as suas verbas: "Gracias, señor Alcalde, por esas cariñosas y expresivas palabras. Gracias, Ribadavia y comarca del Ribeiro. Quisiéramos, la Reina y yo, ante todo, agradecerle al Alcalde habernos traído aquí, a esta Casa Consistorial, a todos los Alcaldes de la comarca que acabamos de saludar y dirigirme a ellos para decirles que, en representación como han venido de sus pueblos, les lleve el saludo de los Reyes de España. Y a vosotros, pueblo de Ribadavia, nuestro agradecimiento y nuestro cariño, y deciros, también, que si hemos venido hasta estas lejanas tierras gallegas, pero que están cerca de nuestro corazón, puesto que todas las regiones de España y todos sus pueblos están cerca de nosotros dos, deciros que juntos, y no solos, tenemos que construir ese futuro, partiendo de este presente; y que juntos, trabajando con vuestro, esfuerzo y con el nuestro, haremos esta España grande y que todos queremos. Yo sé que el Gobierno no descansa en tratar de darles soluciones a los diferentes problemas que hay, que son muchos, y vosotros lo sabéis. Pero los resolveremos con la ayuda de todos, con nuestro esfuerzo y con el mío por delante, con la ayuda de todos vosotros. Muchas gracias". [Foto: Bernardo Mtnez] (27-07-76)
TELECLUB: Levántase xunto a Igrexa de Santa Mª Magdalena, un edificio de pranta baixa destinado para realizar reunións e toda clase de actividades culturais do pobo, denominado TeleClub. É construido polos veciños do pobo e inagurado o 27-11-69.
STA. Mª MAGDALENA: Inagúrase a nova igrexa do pobo, situado no alto d'As Eiras. Un mes antes, Don Joaquín fíxose cargo de dita igrexa. Tempo atrás, as misas levábanse a cabo na Capela de San Xes, e eran oficiadas polo capelán Don Manuel, axudando ademaís ao abade Don Julio Villasante a oficiar as misas en Ribadavia. (17-10-65)
CONSTRUCCIÓN ESCOLA: Os rapaces do pobo, cambian a escola situada na calle O Pouso, pola recién construida Escola da Fontiña Mariña. Na mesma pranta, sepáranse os nenos das nenas, eles cun profesor, e elas cunha profesora. Estarán dos 6 aos 14 anos, e deixarán de utilizar pizarra e pizarrín, para utilizar tinteiro, pluma e papel secante. (1960)
PRAZA PORTATIL DE TOUROS: Nas festas da Virxen do Portal, construían no antigo campo de fútbol de Francelos ubicado na estrada de Filgueira, un tendido portatil o cal enchíase para ver as corridas e como os toureiros lidiaban as reses. [ Foto Chao ] (1951)

as miñas fotos de Francelos...

explicación etimolóxica...

Existen varias explicacións sobre o origen do topónimo Francelos, pero ningunha resulta concluinte e definitiva. Estas son algunhas das posibles raices, según distintos estudiosos:

-XERMÁNICA: Os antigos pobos Francos, eran colonizadores que se estableceron na península en xeral, e en Galicia e Portugal en particular. Ditas tribus xermánicas occidentais, deron lugar a moitos lugares en España. Ademais, denominábanse "Francos" aos terreos comunais ou terras non aforadas, situados en campo aberto e a beiras dalgún río. Provén da palabra xermánica "Frank", que significa libre. Polo que se cre, que Francelos tería unha raíz xermánica, có significado de terras francas, unido a un diminutivo afectivo, dando lugar a "Francellus".
-FRANCESA: En Francelos cóntase, que existía un Mosteiro donde convivían monxes benedictinos, entre os séculos VII e IX, e que estaba dedicado a San Xes. Este santo naceu en Arlés (Francia) a principios del século V, e morreu o 25 de agosto do ano 430 (día da súa onomástica). Polo que se pensa, que a palabra Francelos orixínase debido á procedencia francesa de San Xes.
-POPULAR: Esta versión é a menos coñecida, e a máis ficticia. Cóntase que no Mosteiro vivía un monxe chamado "Fraicellus", que as xentes dos arredores adorábano, xa que era unha persoa moi afable, que sempre se paraba a falar cos veciños que atopaba ao seu paso, posto que disfrutaba moito charlando e contando historias. Pero a veces non o achaban, entón comenzaban a vocealo seu nombre... "Fraicellus, Fraicellus...", e desta maneira, extendeuse o nome a todo o val.

A primeira vez que se atopou una referencia a Francelos, é nun documento do ano 986, donde recoñece unha doación ao Mosteiro de San Salvador de Celanova. Despoís, nun documento do Tombo de Celanova (conservado no Arquivo Histórico Nacional) do ano 993, aparece unha nova referencia sobre o Mosteiro de Francellos, documentándose desta maneira a existencia dunha comunidade monástica.
Cal foi a duración deste mosteiro e cando desapareceu é moi dificil de determinar. O certo é que nun documento do 1156 dictado por Alfonso VII, confírmase unha división feita polo Bispo de Tui e o Cabildo, mencionándose na Igrexa de Santa María de Francelis. Durante os séculos XII a XIV, a entidade poblacional de Francelos, sigue aparecendo en documentos, como no do ano 1176, no que Fernando II, outorgou o Couto de Francelos ao Mosteiro de Santa María de Melón.
A primeira mención da Capela de Francelos, é nun foro do ano 1424, do Cabildo de Tui, nombrando aos moradores da ermita. A partires desta data, aparecen multitude de documentos de foros, arrendamentos e outros negocios xurídicos donde aparece plenamente identificada a capela.

capela de San Xes...


A Igrexa de San Xes, situada no val de Francelos, é un exemplar único do arte prerrománico, que foi declarada monumento histórico-artístico no 1951.
Na actualidade, é un pequeno templo que sufriu importantes modificacions, e na súa reconstrucción aproveitaronse elementos decorativos e arquitectónicos, de tendencias Visigóticas, Asturianas e Mozárabes, que proviñan dunha edificación anterior prerrománica.
Crese que pertencían a un antigo Mosteiro desaparecido, que a pesar de que os estudiosos non consiguen datalo fielmente, estiman aproximadamente a súa existencia entre os séculos VII e IX. Pénsase que estaba habitado por monxes e monxas benedictinas, e que foi abandoado ou incorporado ao mosteiro de Celanova, e a súa posterior conversión á diócesis de Tui.
Especúlase coa posibilidade de que o Mosteiro orixinal, fora de planta basilical con tres naves, e que o vano de ferradura que hoxe actúa como acceso da capela tivese en realidade a función de arco de triunfo da capela maior. Non existen, con todo, probas arqueolóxicas que confirmen este extremo.
A actual estrutura é de unha nave con atrio, de planta rectáncular, con una orientación Este-Oeste. Ten unas medidas de 8.6 metros de largo por 5,75 de ancho. Está cuberto cun tellado de madeira, de duas augas. Os muros compoñense principalemente de pedras con forma irregular, e entre elas, mostranse insertados elementos prerromáticos.
A porta principal, conta cun arco de ferradura Asturiano-Mozárabe. Arco que se apoia sobre duas semicolumnas de fuste monolítico con motivos vegexetais ondulantes, de estilo Visigodo (como na Igrexa de Santa María do Naranco). Os fustes levántanse sobre bases compostas por plinto. Os capiteis con forma de ábaco rectilíneo (como os da Asturiana Iglesia de San Miguel de Lillo ou os de San Salvador de Priesca.), están decorados por cuatro filas de carnosas follas, pertencendo a unha tipología Visigoda. No extremo superior dereito do capitel dereito, pódese ver un corpo circular, e baixo deste, outra figura con forma de S.
A decoración dos capiteis prolónganse en relieves gravados, (semellantes aos de San Xoan de Camba). En ambos, aparecen representados unha persoaxe aureolada montada nun asno que leva na mau un posible ramo, e figuras con túnicas ao seu paso (dous na dereita e unha no esquerdo). Son de tallas moi planas, e enmárcanse cun marco recto e axustado. Algúns expertos pensan que é de estilo Asturiano Avanzado. Sobre a interpretación destas representacións existen varias teorías que coinciden en señalar que se tratan de esceas bíblicas:
-Unha primeira teoría defende que representan, un a Entrada de Xesús en Xerusalén e outro la Fuxida a Exipto.
-Unha segunda defende que un representa a Entrada de Xesús en Xerusalén e o outro a Balaan detido polo Anxo.
-Unha terceira considera que se trata dun desdobramento da misma escea. Ou da Entrada en Xerusalén, ou da Fuxida a Exipto.
A porta principal flanquéase por dous vans ou xanelas. A esquerda é cuadrada con derrame interior e exterior. No lado dereito, aparece un van con forma de arco de medio punto, que se cubre cunha celosía en pedra de 90 cm de ancho e 146,5 cm de alto. A celosía presenta un calado de duas rosáceas de oito pétalos superpostos e trianguliños intercalados entre as follas, e na cima, tres arquiños de ferradura. A celosía enmárcase nunha moldura de 3 cm de ancho, con forma sogueada, e enmarcada a súa vez por un talo serpenteante con acios, e no máis alto, catro aves enfrentadas por parellas, picando nos acios. O estilo desta celosía divide aos estudiosos, uns ven influencias Visigodas e outros Mozárabes. Outros en cambio, decántanse polo arte Asturiano Serodio.
Durante a restauración, encontráronse diversos elementos prerrománicos, que logo formaron parte dos muros, situando pinturas barrocas no interior. Situadas aos lados do altar, atópanse ditas pinturas feitas ao fresco, en mal estado de conservación, e representan cortinaxes e estrelas insertadas en círculos. O retablo tamén é barroco, apoiado nun banco decorado con pinturas de estilo similar ao dos muros. É un retablo estruturado nun só corpo. Distribúense en tres rúas, coa central resaltada. Os ventanais presentan arcos de medio punto e con fondos policromados. Á dereita do retablo, surxe unha rosácea de oito pétalos enmarcados por unha moldura circular, e un pequeno nicho de forma semicircular cun enmarcado sogeado.
No muro Meridional, ábrese un van estreito, en forma de aspillera, cun amplio abocinamiento cara ao interior, presentando un arco sogueado con forma de medio punto.
No muro Oriental, atópase un perpiaño rematado nun modillón con decoración sogueada. Tamén aparece outro perpiaño sogueado rematado por un baquetón.
No muro Norte, colocadas horizontalmente e visibles dende o interior, unha no interior e outra dende o exterior, duas pilastras divididas en tres faixas paralelas cun baquetón central, con forma de espiña de peixe.
No muro Sur, aparece un pequeno nicho decorado cun baquetón sogueado.
En traballos de excavacións arqueolóxicas comprobouse que os muros actuais non corresponden ao edificio primitivo, do cal non se atoparon cimientos, supondo que se atopan nas inmediacións. Ademáis apareceron partes de vasixas e cerámicas, materiais de bronce e ferro, e moedas (maravedies) da época de Felipe III, IV e V, e Carlos II e III. O máis sorprendente, foi achar tumbas infantís e de adultos, con restos óseos. Todo o atopado está exposto no Museo Arqueológico Provincial de Ourense, na Rúa do Bispo Carrascosa, 1.
Outras pezas foron documentadas esparcidas polas casas e formando parte dos muros dos viñedos de Francelos.

festas de San Xes e San Pedro...

San Xes: Onomástica 25 de Agosto.
-O nome deriva do grego “Genesios”, é ten o significado de "Aquel que é productivo e traballador".

-Naceu en Arlés (Francia), no século V, e faleceu decapitado no ano 430. Foi notario militar, baixo os emperadores Manimiano e Diocleciano. Fíxoxe famoso pola súa honestidade e cumprimento do deber. En certa ocasión, un xuíz quixo obligalo a escribir un edicto de persecución contra os cristians, ao que se negou. Así se convirtiu ao Cristianismo.
-Actas dos Mártires: "Fue un soldado que llegó a ser conocido por su maestría en la escritura, por lo que fue nombrado secretario del magistrado romano de Arlés. En el desarrollo de las funciones de su oficio, le fue dictado para ser copiado el decreto de persecución de los cristianos. Indignado en su ideal de justicia, el joven catecúmeno lanzó las tablillas de cera donde tomaba sus notas a los pies del magistrado y huyó. Fue capturado y ejecutado, y recibió el bautismo en su sangre".
patrón dos notarios, escribanos, secretarios e actores.

San Pedro: Onomástica 29 de Junio.
-O seu nome de nacemento era Shimón (Simón), pero recibiu de Xesús o nome de Pedro (do grego πετρos, "fragmento de pedra") ao recoñecer que Xesús era o mesías, o Fillo de Deus. Pablo chamouno nos seus escritos כיפא, "Keyfas" (pedra rectángular), aínda cando se pensa que predicaba en grego; Xoan o Evanxelista chamouno, polo xeral, "Simón Pedro".

-Naceu en Betsaida (Galilea), e faleceu martirizado e crucificado baixo o mandato de Nerón no Circo Vaticano (Roma) no ano 67. Foi, dacordo co Novo Testamento, un dos doce apóstoles, discípulos de Xesús de Nazaret. O catolicismo identifícao claramente como o primeiro dirixente da súa Igrexa, e apostol "fundador" da Igrexa Católica e primeiro pontífice.
patrón dos pescadores, constructores e reparadores de redes de pescar, cosechadores, panaderos, carniceiros, zapateiros, cerralleiros, reloxeiros, albaneles, constructores de pontes, constructores de barcos; protector contra a febre, o envellecemiento. E é patrón da Igrexa Universal, da Santa Sede e o Papado de Roma.

San Antonio (Abad): Onomástica 17 de Enero.
-O nome de Antonio pode significar: "Fluorescente" (de "Antos", flor) ou "Invencible" (de "Anteos", o que se enfrenta victorioso aos enemigos). A vida deste santo escribiuna San Atanasio, o seu gran amigo. Os seus apodos son, o Exipcio, o Grande e o Ermitaño.

-Naceu na Heracleópolis Magna (Exipto) no 296, e morreu no Monte Colxima (Exipto) no 373. Dícese que alcanzou os 105 anos de idade. Cóntase que alrededor dos vinte anos de idade vendeu todas as súas posesions, entregou o diñeiro aos pobres e retirouse a vivir nunha comunidade local ascética, durmindo nun sepulcro baleiro. Despoís pasou moitos anos axudando a outros ermitaños a dirixir a súa vida espiritual no deserto, máis tarde foise internando moito máis no deserto, pa vivir na absoluta soidade. É representado con vestiduras de monxe (tanto de tradición occidental como oriental), e acompañado por un porco ou sufrindo tentacións.
patrón dos amputados, protector dos animaís, os texedores de cestas, os fabricantes de cepillos, os carniceiros, os enterradores, os ermitaños, os monxes, os porqueirizos e os afectados de eczema, epilpsia, ergotismo, erisipela, e enfermidades da pel en xeral.

*En Francelos celébrase a Festividade destes 3 Santos, aínda que a de San Antonio está en desuso, e depende da Comisión de Festas que lle toque organizar os festexos, a opción de celebrar ou non, a festa en honor a este santo.
Sempre se leva a cabo, una pequena procesión que percorre as rúas do pobo. Recóllese o santo na Capela de San Xes e lévase en ombreiros polos veciños, ata a Igrexa Santa María Magdalena, donde se celebra unha misa no seu nome. Ao rematar, unha nova procesión, regresa có santo ata á Capela, e alí permanecerá ata o ano que ven.

outras festas e eventos...

Procesión Corpus Christi...
En Francelos, actualmente lévase a cabo o seguinte domingo ao Xoves de Corpus Christi (Xuño), ainda que antigamente celebrábase ese mesmo Xoves, xa que tiña a consideración de día santo. Dispois da misa, iníciase unha procesión que recorre as rúas do pobo parando en cada un dos altares (hoxe en día catro) que en cada zoa do pobo os veciños preparan cunha gran tea branca, unha alfombra, flores de moitas cores, algunha figura relixiosa (santo, virgen... ) e moito inxenio. En cada un dos altares, entre cánticos, o cura bendice con incienso o altar e da continuidade a procesión ata finalizar o percorrido.

Valvoa Red Festival...
É sen dúbida, o festival multicultural e independiente maís fresco e paixoal da provincia de Ourense. É gratuito, e celébrase en Francelos cada mes de Xuño. Cada nova edición deste festival, é un paso maís no emocionante universo da música galega, que se iniciou no 2007 coa intención de dar a coñecer los sonidos maís puros e rotundos dos cantantes e grupos maís innovadores e prolíficos do panorama actual. Artistas e asistentes, están unidos por un mesmo fio musical. Unha mesma paixón en directo e ao aire libre. Polo tanto, é unha cita ineludible, para calquera que busque diversión e novas sensacións.

Noite de San Xoan...
A Noite de San Xoan (o Bautista) é unha festividade moi antiga na que se celebra a chegada do solsticio do verán no hemisferio norte cuio rito principal, en moitos lugares de España, consiste en encender unha fogata. Ainda que en Francelos, na noite que vai dende o 23 ao 24 de Xuño, non se prende lume, nin se queiman as cousas vellas, nin se piden desexos... No noso pobo, a xuventude o que fai é xuntarse as 00:00 horas e apagan as luces públicas. A oscuras, percorren en silencio e sixilosamente todas as rúas, adentrándose en xardins e lugares privados para coller sin que ningun veciño se dea conta, testos, plantas, cancelas, alfombras, roupa... e toda clase de obxetos, para dispois levalos á plaza do pobo, e alí, colocalos de forma orixinal. Para que así, co sol do día seguinte, a xente vira aquela obra nocturna, e sin máis, cada un recollese as súas pertenzas.

Feira do Viño do Ribeiro...
Festa declarada de Interese Turístico en honor aos caldos galegos. Celébrase en Ribadavia, cuna do viño do Ribeiro. Estes caldos contan con gran fama e tradición. De ácido paladar constituen unha fonte de cultura na comarca que lle da nome. O Concello de Ribadavia en colaboración co Consello Regulador organizan cada ano, no mes de Xullo, este certame de exaltación vitivinícola que pouco a pouco vaise transformando acorde cos tempos. É o casco histórico o escenario elexido para a presentación e degustación dos viños. As adegas industriales así como os colleitadores, escollen a Alameda para ofrecer as súas marcas comerciais tanto ao público como aos catadores, que outro año máis encargaranse de designar o mellor Ribeiro dos alí presentes. Ademáis de saborear estes viños, o visitante poderá degustar a gastronomía típica da comarca, disfrutar dun bo ambiente acompañado de música popular galega e outras actuacions folcklóricas. Entre as actividades que se desenrrolarán durante esta festa, atoparemos concursos, catas, actos culturais, demostracions e exposicions sobre os distintos viños do lugar.

Mostra Internacional de Teatro (M.I.T.)...
Trátase dun evento de gran importancia para a provincia. Celébrase en Xullo, e durante estes días dedicados ás artes escénicas, paseanse por Ribadavia diversas compañías, tanto extranxeiras como das diferentes Comunidades Autónomas do territorio nacional, para presentar actuacions para todos os gustos. Cada ano apóstase pola programación de autores vivos e obras recentes, combinando os grandes nomes co teatro emerxente. A Casa da Cultura, as igrexas, as prazas, as rúas e o castelo de Ribadavia convertiranse durante máis dunha semana nun gran escenario no que o público poderá disfrutar dos espectáculos, da historia e dos atractivos da vila.

Festa da Istoria...
Trátase dunha traslación no tempo. Unha reconstrucción histórica sobre o ambiente xudeo. Unha recreación auténtica da vida do medievo. Con esta festa celebrada en Ribadavia, no último sábado de Agosto, preténdese recuperar as tradicións ancestrais e históricas que se levaban a cabo nesta vila. Para eso, dáselle especial importancia á vestimenta das xentes. Engalánanse todas as rúas, o castelo, e os lugares onde se realizan diferentes actividades, como a cea medieval, a voda xudea, o teatro, o baile, a música, o torneo medieval... permitindo, ademaís, coñecer os oficios que hoxe en día están en decadencia ou que xa se olvidaron. Ademaís, distribúense multitude de postos, en onde se poden probar as comidas, postres e viños do Ribeiro, eso sí, utilizando a moeda que circulaba no antaño, o maravedí.

Magostos...
É unha das festas mais antigas e queridas de Galicia. Celébrase no mes de Novembro, e en Francelos festéxase o sábado anterior ou posterior ao día 11, San Martiño. A xente xúntase para cear, baixoo un aire coa deliciosa aroma das castañas asadas, e para compartir risas, conversacions e música. Por uns cantos euros, a comisión de festas, ofréceche unha ración composta por empanada, chourizo, pan e viño, e para endulzar o final, dulces e castañas recen sacadas das brasas.

comarca d'O Ribeiro...

A Comarca d'O Ribeiro, que ten unha poboación aproximada duns 21.500 habitantes, atópase entre as serras de Faro e Suido, onde confluen os vals do Miño, Avia, Arnoia e Barbantiño. Defínese entre unha serie de vals e superficies, cun total de 407 km2, dos cales, maís de 2.500 hectareás son de viñedos, que comprenden a varios municipios. A mezcla das distintas variantes de uva que se dan, é o segredo do éxito dos vinos do Ribeiro. Está rodeado de relevos montañosos e resgardado da influencia oceánica, onde o cultivo da vide é a característica dominante. A paisaxe é regada por unha densa red fluvial, cun microclima seco e cálido, pero cunha humidade importante durante o período invernal.

A Comarca d'O Ribeiro, confórmase por 10 Municipios:
-A ARNOIA:
Está situado na parte occidental da comarca do Ribeiro, delimitada polos ríos Arnoia e Miño. Na confluencia de ambos, danse unhas fértiles terras utilizadas para o cultivo da vide e dos productos da horta, como o famoso pemento de Arnoia. Tamén a agua é unha peza clave dunha estación termal modélica: a Vila Termal de Arnoia.
-AVIÓN:
Está situado na parte noroeste da comarca do Ribeiro. Delimitado pola Serra do Suido e a do Faro, nos seus vals nacen multitude de ríos que desembocan no Avia. Cuna de moitos emigrantes que marcharon a America a principios do século XX, na actualidade parte desas riquezas foron reinvertidas no concello.
-BEADE:
É o maís pequeno da provincia de Ourense. Os seús escasos 6 Km2 son de terra fértil, regados polos ríos Avia e Arnoia, nos que o viñedo é o cultivo por excelencia, como no resto da comarca d'O Ribeiro. A parte oeste, ofrece unha paisaxe montañosa.
-CARBALLEDA DE AVIA:
Está situada ao oeste de Ribadavia, nas ladeiras de Pena Corneira, cuxa cima está declarada Parque Natural. Na ascensión contemplaremos pequenas aldeas rodeadas de amplios pinares e carballeiras.
-CASTRELO DE MIÑO:
Está na marxe esquerda do Río Miño. Nas terras baixas, preto do rio, as súas terras maís fértiles foron diezmadas coa construcción do embalse en 1969. Na actualidade arrededor de súa capital, cultívase o viñedo que da lugar ao famoso viño do Ribeiro.
-CENLLE:
Situado ao este da comarca do Ribeiro. Bañado por regatos que desembocan nos rios Arnoia e Miño, que limitan ao municipio polo oeste e o este. O territorio comprende 10 parroquias. Ten unha altitude de 406 metros, e uns 2.340 habitantes.
-CORTEGADA:
Está situado no sur da comarca do Ribeiro, bañado por las aguas do Río Miño que rega as fértiles tierras donde se cultivan los viñedos, intercalados entre grandes bosques forestais. Dotado tamén de instalacións termais.
-LEIRO:
Atòpase na parte norte da comarca do Ribeiro, sendo as súas terras testigo do discurrir do río Avia, que fertiliza estas terras donde se cultiva o Ribeiro. Eso xa o sabían os monxes da Idade Media que escolleron este lugar para establecerse, construindo un mosteiro que perdura ata os nosos días, e que foi o verdadeiro eixo da historia do municipio.
-MELÓN:
Está situado ao sur da comarca do Ribeiro, perfectamente comunicado pola A-52 coas cidades de Ourense e Vigo. Na súa disposición xeográfica atopamos duas partes ben diferenciadas: a Serra do Faro e as terras baixas próximas ao Río Miño. O Faro de Avión, cos seús 1.152 metros, é a cima do municipio.
-RIBADAVIA:
É a capital da comarca do Ribeiro. Destacan o casco antiguo, declarado Conxunto Histórico Artístico, o castelo e o Barrio Xudeo, onde se asentou unha das maiores comunidades sefardís de todo o país. O pobo de Francelos pertence a este Municipio.

----
----

[Fai click nos escudos dos Municipios para coñecer maís sobre eles]

como chegar a Francelos...

Si te moves normalmente en coche, primeiro que tes que facer, é entrar na Provincia de Ourense (Galicia), para iso tes que coller a A-52. Unha vez na Capital, debes continuar por esta mesma autovía, saida Vigo. Tras recorrer uns 20 kilómetros, debes tomar a saída 252. Entón chegarás ata Ribadavia. A partires daquí non terás ningún problema, posto que saindo de Ribadavia para volver á N-120 hai unha desviación á esquerda, antes de sair da localidade, con un cartel que nos indica a dirección a Francelos, que se atopa a menos de 2 km.
Si aínda tes dúbidas de como chegar, pincha AQUÍ, e fai click en "como llegar" (arriba-esquerda). Marca entón na casilla A o punto de Orixen, e no punto B pon Ribadavia. Ao momento, indicarache o traxecto que debes seguir.

Francelos dende satélite...

Asociación Cultural Fraicellus...

A.C.Fraicellus é unha Revista Cultural anual, que naceu en 1997, coa intención de mostrar as ideas, os traballos literarios e as investigacións dos veciños do pobo de Francelos, e da xente dos arredores. O seu obxetivo é ofrecer toda a diversidade de temas relacionados có pobo, coas poblacións limítrofes e, en xeral, coa cultura galega. Desta maneira, na revista, móstranse vellas historias, antigas costumes, lendas, traballos temáticos... sempre escritos en galego, cuxa lingua é un dos eixos principais desta publicación. Comenzarón pouco a pouco, contando con só duas persoas para a súa elaboración. Actualmente os colaboradores aumentaron considerablemente. E si no primero número (que mostraba na súa portada a celosía de San Xes) tratábase do inicio dun proxecto, visible na simpleza, tanto en materiais, como artígos e número de páxinas... có tempo... o sono fíxose realidade, e a calidade, tanto gráfica, como no diseño e no contido literario, convertírona nunha revista imprescindible para coñecer a nosa cultura galega máis próxima. Destacar a Coordinación e o diseño de Fco. Xabier Martinez, as fotografías de Moncho Foto e Santi Miguez Amil, e as colaboracións literarias de Xosé Ramón Estévez, José Luis Chao, Modesto Martínez Carballal, Xesús Alonso, Luisa del C., Isolina Rionegro... entre moitos outros. No 2007 cumpliron unha década, e oxalá cumpran moitos máis...

Atlántico Express - Alber Ponte

A finais do mes de febreiro do ano 1993, Alber Ponte graba a curtometraxe "Atlántico Express" en Francelos. A acción transcorre na caseta situada na vía do tren. Ademaís de director, Alber é o guionista e o productor (coa súa productora Sierra Madre Producciones, S.L.). Os actores que participan neste proxecto son, Uxía Blanco, Manuel Botana, Elena Caccamo e Lúa Pereiro. De xénero dramático, pódese resumir o argumento así: "Despoís de varios anos emigrada, Lucía volve á casa paterna para intentar reatoparse coa súa infancia. Alí acontecerá algo que cambiará a súa vida".

[Grazas Alber Ponte, por mandarme unha copia da curta e polo cariño e cercanía]

canción "Eres Francelos"...

Francelos e un dos pobos mais bonitos,
que temos no Ribeiro e polo arredor.
Un valle acaricidado polo Miño,
inspiran o poeta mailo pintor.
Desde o alto do Campiño,
érelo pobo maís lindo entre montañas e ríos.
Eres Francelos por tradición,
un pobo alegre de simpatía.
A túa xenté non ten igual,
para animar festas e romarías.
As mozas maís lindas de toda a rexión,
son as de Francelos sin comparación.
Ven e verás. Ven e verás,
que non hai pobo como Francelos para farrear.
Lugares moi bonitos ten iste pobo,
a ponte, a capeliña de San Xes,
tabernas para beber o millor viño,
cantando cos amigos, e un placer,
a millor gastronomía neste pobo de Galiza,
son os peixes e as anguilas...
(Ana Odette Pérez).

Se queres escoitar parte da canción polos Mueghas... Adiante !

curiosidades...

PRAIA DE FRANCELOS
Pode que pareza imposible que Francelos teña praia de auga salgada. E preguntarédesvos... ¿como pode ser que un pobo situado no centro da provincia de Ourense, teña costa?. Pois ten unha sinxela explicación. A "Praia de Francelos" está en Portugal. Así se chama a praia situada en Gulpilhares - Vila Nova de Gaia (O Porto). A súa area é branca e ten bandeira azúl. As súas augas teñen fama de curativas, as cales atraen a miles de persoas cada ano, a pesar das súas temperaturas frías. Vila Nova de Gaia está ao sur do Río Douro, e está separada de O Porto por varias pontes. É unha cidade comercial e industrial que grazas a o seu porto tuvo o motor da súa historia. Por aquí saían e chegaban os máis importantes mercaderes da Idade Media, que instalaron os seus almacens na ribeira do río. Polo porto tamen sae un dos tesouros da zoa, o Vinho Verde. Unha curiosidade máis, Vila Nova de Gaia é cruzada por unha gran Avenida tamén denominada Francelos.

OUTROS FRANCELOS:
-Localidade no témino municipal de Rois (A Coruña), conta cunha poboación aproximada de 125 habitantes.
-Poboación no norte de Portugal, pertencente á "freguesia" (parroquia) Vilar de Maçada (unha das 19 freguesias do municipio de Alijó), e ademáis tamén ten unha Capela nominada, da mesma forma, Francelos. Vilar de Maçada ten 374 habitantes e catro poboacións (Cabeda, Francelos, Sarradela, Vilar de Maçada).
-Localidade de aproximadamente 65 habitantes. Francelos xunto Castedo e Vilafrío forman a parroquía de San Xoán de Barredo. Parroquia con 130 habitantes, que pertence a Castroverde, municipio da provincia de Lugo.

OUTROS VALPARAÍSO:
-Pobos da Provincia de Cuenca, Valparaíso de Abajo e Valparaíso de Arriba. Este último pobo é importante por ser natural deste lugar Don Juan de Saavedra, conquistador e fundador de Valparaíso de Chile. Ambas vilas (separadas por escasos quilómetros) pertencen ao Concello de Carrascosa del Campo.
-É un Porto, unha Cidade e Comuna Chilena. Atópase no hemisferio sur de América e ao oeste co Océano Pacífico. Te unha superficie de 402 qm2 e unha poboación de aproximadamente 276.474 habitantes. O casco histórico de Valparaíso foi declarado como Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 2003. Existen duas versións sobre a orixe do nome, unha atribueselle a Juan de Saavedra, quén a bautizaría en 1536 co nome de Valparaíso á rada onde atopou a "Santiaguillo" en lembranza do seu pobo de Valparaíso de Arriba (Cuenca). Outra versión atribuelle este nome aos soldados do navegante Juan Bautista Pastene, os cales decediron chamarlle "Val del paraíso", é decir "Valle del Paraíso", e co uso rematou transformándose en Valparaíso.
-Municipio de Colombia, localizado na subrexión Suroeste do departamento de Antioquia. Ten unha superficie de 130 qm2 e unha poboación de 8.033 habitantes. Chamábase El Hatillo, pero máis tarde, José María Ochoa rebautizou ao poboado co nombre actual, Valparaíso, na lembranza da cidade chilena de igual nome. Era unha terra indíxena, habitada por tribus, as cales abandoaron o territorio coa chegada dos españois.
-Municipio do estado de São Paulo (Brasil). Ten unha poboación duns 19.612 habitantes e unha superficie de 861,96 qm2.
-Hay 3 Poboacións en EEUU, en Nebraska (con 563 habitantes), en Florida (con 6.408) e Indiana (con 27,428).
-Localidade do estado federal de Zacatecas (México). Colindante cos estados de Jalisco ao suroeste, Nayarit ao oeste e Durango ao noroeste. O seu nome proven do latín vallis paradisus, 'valle del paraíso'. Conta cunha extensión 5.782,432 qm2, e ten dous ríos moi importantes que son o rio Valparaíso e o Atengo.
-Encoiro de Valparaíso (Zamora), rematado no ano 1988, pertencente á cuenca hidrográfica do rio Duero, e cunha capacidade de 162 hm3.

OUTROS SAN GINÉS / SAN XES:
-Pobo San Xes, pertencente ao Concello de Paderne de Allariz (Ourense). Paderne conta aproximadamente con 1800 habitantes, repartidos por 44 entidades de población, entre as que se atopa esta Parroquia.
-Pobo San Xes, localizado no Concello de A Peroxa (Ourense). Neste municipio hai que destacar, a Igrexa de San Xes, e o Pazo de San Xes do século XVIII.
-San Xes de Vilariño, é unha das seis Parroquias que conforman o Municipio de Lobeira, Comarca da Baixa Limia, ao suroeste da provincia de Ourense, na marxen dereita do río Limia.
-San Ginés é unha Pedanía pertencente ao Municipio de Murcia. Conta cunha poboación de máis de 2.000 habitantes e unha extensión de 2,477 qm². Atópase a 5 qm de Murcia.
-San Ginés de Bamio, coñecido simplemente como Bamio, é unha localidade do municipio de Villagarcía de Arousa (Pontevedra). Está aos pes del impoñente Monte Xiabre, e ten aproximadamente 1.500 habitantes.
-Parroquias en Gerona, Guadalajara e Barcelona,
-Praia de San Ginés, praia na Costa Cálida, Cartagena (Murcia) con 800 metros de longo e 25 de ancho. Con augas tranquilas e area grava. Tamén hai unha Rúal chamada San Ginés, e un Barrio en Abanilla.
-Romería de San Ginés (Sevilla). O 15 de setembro de 1991 tiña lugar a primeira Romería, que recollía un anhelo popular que viña xestándose dende varios anos atrás. Un grupo de amigos puxéronse dacordo pa crear a Romería. En 1995 incorporouse á Romaría a figura da carreta, que ata entón era levado a ombreiro polos devotos sobre unhas andas. Dende ese intre, dous bois tiran da carreta do santo na súa procesión polas Rúas de Gines.
-Prazas de San Ginés en Murcia e Cartagena.
-Rúas: Rúa en Sevilla. Rúa en San Xenxo (Pontevedra). Rúa en Sabiote (Jaén). Rúa en Añon de Moncayo (Aragón). Rúa en Villazopeque (Burgos). Rúa en Guareña, Villanueva del Fresno e Fregenal (Badajoz). Rúa en Villatuerta, Lónguida e Aibar (Navarra). Avenida en Labastida (Alava).
-Teatro de San Ginés, en Santiago de Chile.
-Monte San Ginés (tamén nomeado Monte Miral), álzase ao oeste del Mar Menor (Cartagena), entre Alumbres, Llano del Beal e Cabo de Palos, distante uns once quilómetros do citado mosteiro. Alcanza unha altura de 230 metros e ten un notable interés xeomorfológico polo proceso de karstificación, mineralógico (hai criadeiros de ferro e manganeso) e antropolóxico si se ten en conta a proximidade de Cueva Victoria, dentro do cal atoparonse restos de excepcional interés cultural. Existía un monasterio medieval fortificado que se levantou no século XVI sobre un eremitorio de orixe árabe. En 1541, o papa Paulo III otorgou culto e advocación ao Mosteiro de San Ginés. Coas doazóns dos peregrinos construiuse o claustro e a igrexa.
-Charca de San Ginés é unha laguna natural situada no Concello de Arrecife (Lanzarote), que naceu fai xa máis de 6 séculos como un pequeno Porto pesqueiro natural onde o Charco facía de barreira natural para a entrada e saida dos barcos pesqueiros, e que hoxe en día é un precioso Paseo marítimo. Xunto a este, existe un barrio coñecido como o Barrio da Puntilla que a conforman antiguas e bonitas casas que están xunto á Igrexa de San Ginés, onde se alberga unha imaxe de San Pedro e un cadro atopado de San Ginés. En 1798 é catalogada como Parroquia. Unha Rúa tamén leva este nome.

OUTRAS IGREXAS:
-Igrexa de San Ginés (Burgos), está na ribeira do Duero, é unha das duas igrexas coa que conta Rejas de San Esteban (a outra é a de San Martín), foi románica no súa orixe pero, refeita por completo a principio do século XIX, só conserva da primitiva construcción a galería adosada ao costado meridional do templo e a porta de acceso a través dese mismo pórtico.
-Igrexa de San Xes (Ourense), no Pobo de San Xes, pertencente ao Concello de A Peroxa. Conta cunha fermosa torre barroca con doble balconada.
-Igrexa de San Ginés (Guadalajara), a igrexa actual foi antaño do convento de Santo Domingo da Cruz, xa desaparecido. A súa construcción comezou en 1561. Na enorme fachada de pedra, a portada queda enmarcada por dous grandes contrafortes, que se prolongan en espadañas. Sobre o rosetón central figura o escudo da orden de Santo Domingo.
-Igrexa de San Ginés (Almería), na cidade de Purchena sitúase a igrexa parroquial. A súa construcción iniciouse hacia o1550 polo arquitecto Juan de Orea, e non se rematou ata datas inmediatas á rebelión dos moriscos. O seu estilo é renacentista con notorias influencias do mudéjar granadino. En 1983 a Igrexa foi declarada monumento histórico-artístico pola Junta de Andalucía, e esto favoreceu a súa restauración, iniciada en 1989 ata 1991.
-Igrexa de San Ginés (Valladolid), situada na localidade de Villabrágima. Coñecida por poseer no seu interior un órgano barroco construído por Gabino Ortega en 1779. Edificio do século XVI con reformas en 1798. De pedra e tapial, con tres naves separadas por columnas que sosteñen arcos rebaixados. Dividido en tres tramos, que se cubren, na nave central, con bóveda de arista, as laterales, con bóveda de cascos e no cruceiro con cúpula oval. Coro alto aos pes. Porta en arco de medio punto no lado da Epístola. Torre de tres corpos de pedra. Soberbio retablo maior.
-Igrexa de San Ginés (Soria), é a última das iglesias conservadas en Soria correspondente ao rómanico rural de repoblación. O sue estado actual é de ruina. É un edificio de reducidas dimensións e dunha única nave construida no século XII. Consérvase o muro norte e o muro sur, que contén restos dunha entrada de medio punto e duas pequeñas ventás. Orientada ao Este, como a maioría das igrexas sorianas, perdeu o ábside, que podería ser semicircular ou rectangular. Os muros son de encofrado e a cuberta debeu ser de madeira, xa que non presenta arranque de bóvedas.
-Igrexa de San Ginés (Cantabria), é un templo relixioso baixo a advocación de San Ginés de Arlés, e sede da parroquia da localidad de Cerrazo, do municipio de Reoción, na comunidade autónoma de Cantabria. A pesar de que sabemos da súa existencia, ao menos desde 1118, a actual construcción data probablemente do século XVII.
-Igrexa de San Ginés (Madrid), emplazada na Rúa Arenal. É unha das igrexas máis antigas de Madrid, aparecendo referencias documentais xa no século IX, e declarada monumento histórico artístico nacional no ano 1982. A primitiva construcción é de estilo mudéjar, da que só queda o campanario. A estructura actual corresponde á reforma que sufriu o templo en 1645. Un incendio provocou a destrucción da cúpula e os cubrimentos das tres naves que se renovaron no século XVIII. Nesta igrexa foi bautizado Quevedo e casouse Lope de Vega. No seu interior destacan os tres retablos do altar nos que se combina escultura e pintura. O gran cadro que preside o altar é obra de José San Martín, copia do orixinal de Francis Rizi que se queimou no incendio de 1824. Entre os tesouros artísticos da igrexa sobresae un lenzo de Alonso Cano. Nesta capela, hai unha imaxe de Cristo, executada polo escultor Alfonso Vergaz, e que chegou a ser unha das máis veneradas da Villa. Por último, decir que durante el Antiguo Réximen, a Parroquía de San Ginés chegou a ser unha das parroquias máis importantes de Madrid. Está igrexa da nome á Plazuela de San Ginés.