outras festas e eventos...

Procesión Corpus Christi...
En Francelos, actualmente lévase a cabo o seguinte domingo ao Xoves de Corpus Christi (Xuño), ainda que antigamente celebrábase ese mesmo Xoves, xa que tiña a consideración de día santo. Dispois da misa, iníciase unha procesión que recorre as rúas do pobo parando en cada un dos altares (hoxe en día catro) que en cada zoa do pobo os veciños preparan cunha gran tea branca, unha alfombra, flores de moitas cores, algunha figura relixiosa (santo, virgen... ) e moito inxenio. En cada un dos altares, entre cánticos, o cura bendice con incienso o altar e da continuidade a procesión ata finalizar o percorrido.

Valvoa Red Festival...
É sen dúbida, o festival multicultural e independiente maís fresco e paixoal da provincia de Ourense. É gratuito, e celébrase en Francelos cada mes de Xuño. Cada nova edición deste festival, é un paso maís no emocionante universo da música galega, que se iniciou no 2007 coa intención de dar a coñecer los sonidos maís puros e rotundos dos cantantes e grupos maís innovadores e prolíficos do panorama actual. Artistas e asistentes, están unidos por un mesmo fio musical. Unha mesma paixón en directo e ao aire libre. Polo tanto, é unha cita ineludible, para calquera que busque diversión e novas sensacións.

Noite de San Xoan...
A Noite de San Xoan (o Bautista) é unha festividade moi antiga na que se celebra a chegada do solsticio do verán no hemisferio norte cuio rito principal, en moitos lugares de España, consiste en encender unha fogata. Ainda que en Francelos, na noite que vai dende o 23 ao 24 de Xuño, non se prende lume, nin se queiman as cousas vellas, nin se piden desexos... No noso pobo, a xuventude o que fai é xuntarse as 00:00 horas e apagan as luces públicas. A oscuras, percorren en silencio e sixilosamente todas as rúas, adentrándose en xardins e lugares privados para coller sin que ningun veciño se dea conta, testos, plantas, cancelas, alfombras, roupa... e toda clase de obxetos, para dispois levalos á plaza do pobo, e alí, colocalos de forma orixinal. Para que así, co sol do día seguinte, a xente vira aquela obra nocturna, e sin máis, cada un recollese as súas pertenzas.

Feira do Viño do Ribeiro...
Festa declarada de Interese Turístico en honor aos caldos galegos. Celébrase en Ribadavia, cuna do viño do Ribeiro. Estes caldos contan con gran fama e tradición. De ácido paladar constituen unha fonte de cultura na comarca que lle da nome. O Concello de Ribadavia en colaboración co Consello Regulador organizan cada ano, no mes de Xullo, este certame de exaltación vitivinícola que pouco a pouco vaise transformando acorde cos tempos. É o casco histórico o escenario elexido para a presentación e degustación dos viños. As adegas industriales así como os colleitadores, escollen a Alameda para ofrecer as súas marcas comerciais tanto ao público como aos catadores, que outro año máis encargaranse de designar o mellor Ribeiro dos alí presentes. Ademáis de saborear estes viños, o visitante poderá degustar a gastronomía típica da comarca, disfrutar dun bo ambiente acompañado de música popular galega e outras actuacions folcklóricas. Entre as actividades que se desenrrolarán durante esta festa, atoparemos concursos, catas, actos culturais, demostracions e exposicions sobre os distintos viños do lugar.

Mostra Internacional de Teatro (M.I.T.)...
Trátase dun evento de gran importancia para a provincia. Celébrase en Xullo, e durante estes días dedicados ás artes escénicas, paseanse por Ribadavia diversas compañías, tanto extranxeiras como das diferentes Comunidades Autónomas do territorio nacional, para presentar actuacions para todos os gustos. Cada ano apóstase pola programación de autores vivos e obras recentes, combinando os grandes nomes co teatro emerxente. A Casa da Cultura, as igrexas, as prazas, as rúas e o castelo de Ribadavia convertiranse durante máis dunha semana nun gran escenario no que o público poderá disfrutar dos espectáculos, da historia e dos atractivos da vila.

Festa da Istoria...
Trátase dunha traslación no tempo. Unha reconstrucción histórica sobre o ambiente xudeo. Unha recreación auténtica da vida do medievo. Con esta festa celebrada en Ribadavia, no último sábado de Agosto, preténdese recuperar as tradicións ancestrais e históricas que se levaban a cabo nesta vila. Para eso, dáselle especial importancia á vestimenta das xentes. Engalánanse todas as rúas, o castelo, e os lugares onde se realizan diferentes actividades, como a cea medieval, a voda xudea, o teatro, o baile, a música, o torneo medieval... permitindo, ademaís, coñecer os oficios que hoxe en día están en decadencia ou que xa se olvidaron. Ademaís, distribúense multitude de postos, en onde se poden probar as comidas, postres e viños do Ribeiro, eso sí, utilizando a moeda que circulaba no antaño, o maravedí.

Magostos...
É unha das festas mais antigas e queridas de Galicia. Celébrase no mes de Novembro, e en Francelos festéxase o sábado anterior ou posterior ao día 11, San Martiño. A xente xúntase para cear, baixoo un aire coa deliciosa aroma das castañas asadas, e para compartir risas, conversacions e música. Por uns cantos euros, a comisión de festas, ofréceche unha ración composta por empanada, chourizo, pan e viño, e para endulzar o final, dulces e castañas recen sacadas das brasas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario