Francelos...

... atópase a un quilómetro escaso do Municipio de Ribadavia (Ourense). Nace trala confluencia do río Avia e o río Miño. Baixando a lomos das súas augas, o pobo asómase na ribeira dereita. É coñecida pola súa xoia prerrománica, a Capela de San Xes, e famosa gastronómicamente polas anguías. Francelos é chamado polos seus habitantes “Valparaíso”, debido a que se sitúa nun val, conformando unha idílica paisaxe, que está a uns 100 metros sobre o nivel do mar. Esta parroquia que conta aproximadamente con 950 habitantes, tamén se atopa regado polo regato Outeiro. Formado por innumerables pozas que se crean na súa baixada polo val, e ao cal se acode para refrescarse no verán. É unha terra rica en viñedos, e áchase rodeado de montañas, cubertas de vexetación, que o protexen dos ventos, proporcionando un ambiente suave é húmido, propicio para a vide. E a súa vez, as súas ladeiras de recodos sinuosos, recortan un ceo azul e puro que ilumina esta preciosa e apracible paraxe.