Ribadavia...

1.- O BARRIO XUDEO:
Aínda que a tradición sitúa aos primeiros xudeus en Ribadavia no século XI, cando o rei Don García I escolleu Ribadavia como capital do Reino de Galicia (1063), o certo é que non temos noticias certas da xudería ata o 1386. De tódolos xeitos aventuramos que, con toda probabilidade, dita xudaría formouse en torno aos séculos XII e XIII benificiada tanto pola instalación de xudeus dende o século X nas veciñas terras de Celanova como pola existencia dun potente grupo de mercaderes de Ribadavia desde a concesión do Foro Real por parte de Fernando II en 1164.
Moitos xudeus encargábanse da xestión dos asuntos financeiros do Señorío e posteriormente do Condado de Ribadavia, especializándose na adminastrición de bens e rendas e en diversos oficios artesáns.
Cando os Reis Católicos promulgaron a orde de explusión dos sudeus no 1492, algúns marcharon pero outros decidiron converterse (mantendo moitos as súas crenzas e ritos de forma clandestina). Ambas as comunidades, xudía e católica, contriguiron de forma decisiva á prosperidade económica da rexión. Na vila de Ribadavia a comunidade xudía vivía na rúa que baixa da actual Praza Maior á Igrexa da Madalena, antigamente chamada Rúa da Praza Vella, logo Rúa da Cruz (como símbolo da Inquisición contra os herexes) e actualmente Merelles Caula.

2.-OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO - PAZO DOS CONDES (século XVIII):
Pazo barroco que pertenceu á familia Sarmiento, que se estableceu nesta vila cando se lles concedeu o señorío de Ribadavia e o título de "Adiantandos Maiores do Reino de Gacilia" en 1375 polo rei Enrique II en favor de Pedro Ruíz Sarmiento. Os Sarmiento conseguiron en 1476 o título de Condes de Ribadavia, concedido polos Reis Católicos a Don Bernardino Pérez Sarmiento para compensar a perda, nun litixio por herencia, de alguns dos seus bens e títulos. Este título perdeuse en 1984 ao falecer o XVIII Conde, D. Ignacio Fernández de Henestrosa e Gayoso dos Cobos.
O que foi o "Pazo dos Condes" abarca hoxe a fachada na que se atopa a Oficina de Turismo. O escudo de armas dos Sarmiento está formado por trece bezantes de ouro, destacando no brasón condal tamén as armas dos Castro e Mendoza.

3.- CASA CONSISTORIAL e TORRE DO CAMPANARIO (século XVI):
Foi construída entre os anos 1545-1555 para alhóndiga e lugar de reunión do Consello da vila. No século XIX renóvase a fachada e cúbrense os soportales; conservándose hoxe, do antigo edificio, a torre que está formada por tres corpos superpostos. Nél pódense encontrar un reloxo de sol do ano 1733 e enriba está o reloxo de corda do ano 1902.
Actualmente nestas dependencias atópase o Concello de Ribadavia.

4.- PORTAS DA MURALLA (século XIV-XV):
Según alguns autores a muralla xa protexía á vila no século XII, ampliándose entre os séculos XIV e XV. A súa demolición iniciouse no ano 1832. Hoxe en día, a muralla en certos sitios, alcanza uns 5,50 metros de altura, e conservanse tres das cinco portas primitivas. (A Porta da Cerca -Oeste- defendida por cubos de mais de 3 metros de diámetro. A Porta Nova o Porta de Celanova -Sur- con camiño ao río Miño. A Porta Falsa o Postigo -Sureste-).

5.- IGREXA DE SANTA MARIA MAGDALENA (século XVIII):
Conocida antes como parroquia de San Xés, a súa orixe está fechada no século XII, cando se encontraba no interior do castillo. A partir do 1486 empezou a conocerse como Santa María Magdalena, perdendo o seu antigo nome de San Xés.
O edificio actual é do século XVIII, e posee unha fachada barroca na que destaca o campanario.

6.- RÚA DOS FORNOS e EXTRAMUROS (século XII-XV):
Esta rúa, unha das máis antigas e tradicionais da vila, debe o seu nome ao número de panaderías (fornos) que existiron nela.

7.- IGREXA DE SANTIAGO (século XII):
Este magnífico exemplar del románico popular galego -finais do século XII- de torre barroca, foi a parroquia máis antiga de Ribadavia. Destaca todo o edificio pola riqueza decorativa e artística que posee, así como os arcos e a fachada de nobles proporciones cun fermoso rosetón de 24 ocos. No seu interior pódense ver numerosas imáxes barrocas de gran valor artístico, sendo de especial importancia un Santiago de pedra do século XIV, da escola do maestro Mateo.

8.- MUSEO ETNOLÓGICO (PAZO) (século XVIII):
Este edificio que foi antigamente pazo dos Bahamonde, alberga actualmente o Museo Etnolóxico, presentando exposicions temporais e unha excelente colección etnográfica. Así mesmo, posee un dos mellores fondos bibliográficos en temas etnográficos e históricos de Galicia.

9.- PONTES SOBRE O AVIA:
Ademáis da Ponte de Ferro (estilo Eiffel), existe unha fermosa vista do conxunto formada pola Ponte (s. XIII-XIX) e o convento (s. XVII) de San Francisco.

10.- CASA DA INQUISICIÓN (século XVI):
A coñecida popularmente como casa da Inquisición, é un fermoso edificio do século XVI que mostra na súa artística fachada os escudos das familias ligadas al Santo Oficial na vila: (de esquerda a dereita) Puga, García Camba, Bahamonte, familiar do Santo Oficio e dos Mosquera-Sandoval. O familiar máis importante da inquisición na vila foi Don Pedro Vázquez de Puga, cuio sepulcro atópase na igrexa de Santo Domingos.

11.- IGREXA DE SAN XOÁN (século XII):
De estilo romántico, dita parroquia pertenceu aos Cabaleiros da Orde militar e hospitalaria de San Xoán de Xerusalén. Os Cabaleiros da Orde estableceran un hospital para atender aos numerosos pelegrinos que, naqueles tempos, seguindo o camiño desde Braga (Portugal) dirixíanse a visitar o sepulcro do Apóstolo Santiago. Situado na rúa Salgado Moscoso, este edificio que funcionou como hospital ata o século XVI, hoxe é sede do C.R. do Ribeiro. A rectoral, enriba de cuxa porta se pode ver a cruz labrada de 8 puntas (símbolo da orde), atópase unida á igrexa pola parte de atrás. Este templo destaca pola rica e variada decoración románica presente en canzorros, fiestras e portas. No seu interior destaca a bóveda de medio canón, o retábulo barroco do San Miguel e a imaxe da Virxe das Angustias.

12.- IGREXA e CONVENTO DE SAN FRANCISCO (século XVII):
Este conxunto de estilo barroco pertenceu á orde dos franciscanos, cuxa presenza na vila data do século XIV. A construción do templo conventual (fundado baixo a advocación de San Antonio) foi finalizada no ano 1610, funcionando primeiro como noviciado e logo como colexio de artes. Os frades foron exclaustrados no 1835 (desamortización), retornando ao convento no 1915. No edificio anexo á igrexa atópanse os escudos dos Sarmiento, dos Mendoza e da Orde de San Francisco. Dentro existen varios retábulos resaltando o magnífico retábulo maior (barroco XVIII). No ano 1818 chegou a convertirse na 3ª comunidade en importancia dos conventos franciscanos de Galicia. Dos dous claustros do convento gran parte é de propiedade particular.

13.- IGREXA DE SANTA MARIA DA OLIVEIRA (século XII):
Foi fundada no 1164 e doada por Fernando II ao mosteiro de Oseira. É de estilo románico de transición conservándose en bo estado a orixinal fachada cun rosetón de gran calidade artística. Está rodeada por un adro onde se daba sepultura aos fregueses ata a construcción do cemiteiro municipal (século XIX). No seu interior existen varios retábulos e figuras dos séculos XVII ao XIX.

14.- CASTELO DOS CONDES DE RIBADAVIA. (século IX-XV):
Debeu ser unha das maiores fortalezas medievais de Galicia. Foi construido na segunda metade do século XV ao instituirse o Condado de Ribadavia. A porta de entrada principal, defendida por cubos de almenaxe voadiza, consta de arco semicircular e porta corredeira sobre a que campan os escudos dos Sarmiento e Fajardo. No interior pódense ver enterramentos antropoides labrados en roca viva do século IX, así como un sepulcro do século XII, únicas testemuñas da capela de San Xés alí ubicada. Pódense tamén observar os restos da lareira, varias fiestras e portas, xardíns e depósito de auga. O castelo abandonouse sobre o século XVII, cando se constrúe o Pazo Condal na Praza Maior.

15.- IGREXA e CONVENTO DE SANTO DOMINGOS (século XIII-XIV):
Declarado monumento nacional no ano 1931. Foi o segundo dos conventos dominicos implantados en Galicia. A igrexa de planta basilical constitúe un dos mellores exemplares do gótico mendicante en Galicia. Posúe unha boa colección de capiteis historiados con motivos vexetais, animais e xeométricos, así como fermosas mostras da arte sepulcral dos séculos XIII ao XVI, e varios retábulos e imaxes dos séculos XV ao XVIII. Na fachada principal da igrexa atópanse os escudos dos Sarmiento, o Real de Castela e León e o de Frai Alonso de Cusanca. En canto ao convento, foi obxecto de importantes reformas a o longo dos séculos. Desde 1299 funcionou como casa de estudos, contaba con Cátedras de Teoloxía, Moral e Gramática, sendo un dos conventos máis activos de Gaclia. No século XIX, coa desamortización, suprímese unha parte do convento contiguo á igrexa, destinando o resto do edificio a residencia de anciáns. Aínda que foi fundado baixo a advocación de Santa María de Valparaíso, a partir do século XVII comézase a venerar á Virxe do Portal, fundando ao lado o convento, a Igrexa do Portal.

16.- IGREXA DA NOSA SEÑORA DO PORTAL (século XVII-XIX):
Esta singular obra do século XVII-XVIII, adicada á Patroa de Ribadavia e do Ribeiro, está situada no mesmo lugar onde no século XIV se atopaba a ermida de Santa María de Valparaíso. No interior do templo destaca a bóveda e o fermoso conxunto formado polo retábulo barroco (feito en madeira de alcipreste no ano 1737) co altar da Virxe e o descendemento. A fachada da igrexa construiuse no ano 1875 (neoclásico).

17.- CAPELA DE SAN LÁZARO (século XII):
Esta capela é a única testemuña da antiga leprosaría fundada a finais do século XII polo mosteiro de Melón. Dita leprosaría funcionou ata principios do século XVIII. Posuía un cruceiro que no 1902 se trasladou ao cemiterio municipal. A capela presenta no seu frontón o escudo abacial do mosteiro de Melón.