capela de San Xes...


A Igrexa de San Xes, situada no val de Francelos, é un exemplar único do arte prerrománico, que foi declarada monumento histórico-artístico no 1951.
Na actualidade, é un pequeno templo que sufriu importantes modificacions, e na súa reconstrucción aproveitaronse elementos decorativos e arquitectónicos, de tendencias Visigóticas, Asturianas e Mozárabes, que proviñan dunha edificación anterior prerrománica.
Crese que pertencían a un antigo Mosteiro desaparecido, que a pesar de que os estudiosos non consiguen datalo fielmente, estiman aproximadamente a súa existencia entre os séculos VII e IX. Pénsase que estaba habitado por monxes e monxas benedictinas, e que foi abandoado ou incorporado ao mosteiro de Celanova, e a súa posterior conversión á diócesis de Tui.
Especúlase coa posibilidade de que o Mosteiro orixinal, fora de planta basilical con tres naves, e que o vano de ferradura que hoxe actúa como acceso da capela tivese en realidade a función de arco de triunfo da capela maior. Non existen, con todo, probas arqueolóxicas que confirmen este extremo.
A actual estrutura é de unha nave con atrio, de planta rectáncular, con una orientación Este-Oeste. Ten unas medidas de 8.6 metros de largo por 5,75 de ancho. Está cuberto cun tellado de madeira, de duas augas. Os muros compoñense principalemente de pedras con forma irregular, e entre elas, mostranse insertados elementos prerromáticos.
A porta principal, conta cun arco de ferradura Asturiano-Mozárabe. Arco que se apoia sobre duas semicolumnas de fuste monolítico con motivos vegexetais ondulantes, de estilo Visigodo (como na Igrexa de Santa María do Naranco). Os fustes levántanse sobre bases compostas por plinto. Os capiteis con forma de ábaco rectilíneo (como os da Asturiana Iglesia de San Miguel de Lillo ou os de San Salvador de Priesca.), están decorados por cuatro filas de carnosas follas, pertencendo a unha tipología Visigoda. No extremo superior dereito do capitel dereito, pódese ver un corpo circular, e baixo deste, outra figura con forma de S.
A decoración dos capiteis prolónganse en relieves gravados, (semellantes aos de San Xoan de Camba). En ambos, aparecen representados unha persoaxe aureolada montada nun asno que leva na mau un posible ramo, e figuras con túnicas ao seu paso (dous na dereita e unha no esquerdo). Son de tallas moi planas, e enmárcanse cun marco recto e axustado. Algúns expertos pensan que é de estilo Asturiano Avanzado. Sobre a interpretación destas representacións existen varias teorías que coinciden en señalar que se tratan de esceas bíblicas:
-Unha primeira teoría defende que representan, un a Entrada de Xesús en Xerusalén e outro la Fuxida a Exipto.
-Unha segunda defende que un representa a Entrada de Xesús en Xerusalén e o outro a Balaan detido polo Anxo.
-Unha terceira considera que se trata dun desdobramento da misma escea. Ou da Entrada en Xerusalén, ou da Fuxida a Exipto.
A porta principal flanquéase por dous vans ou xanelas. A esquerda é cuadrada con derrame interior e exterior. No lado dereito, aparece un van con forma de arco de medio punto, que se cubre cunha celosía en pedra de 90 cm de ancho e 146,5 cm de alto. A celosía presenta un calado de duas rosáceas de oito pétalos superpostos e trianguliños intercalados entre as follas, e na cima, tres arquiños de ferradura. A celosía enmárcase nunha moldura de 3 cm de ancho, con forma sogueada, e enmarcada a súa vez por un talo serpenteante con acios, e no máis alto, catro aves enfrentadas por parellas, picando nos acios. O estilo desta celosía divide aos estudiosos, uns ven influencias Visigodas e outros Mozárabes. Outros en cambio, decántanse polo arte Asturiano Serodio.
Durante a restauración, encontráronse diversos elementos prerrománicos, que logo formaron parte dos muros, situando pinturas barrocas no interior. Situadas aos lados do altar, atópanse ditas pinturas feitas ao fresco, en mal estado de conservación, e representan cortinaxes e estrelas insertadas en círculos. O retablo tamén é barroco, apoiado nun banco decorado con pinturas de estilo similar ao dos muros. É un retablo estruturado nun só corpo. Distribúense en tres rúas, coa central resaltada. Os ventanais presentan arcos de medio punto e con fondos policromados. Á dereita do retablo, surxe unha rosácea de oito pétalos enmarcados por unha moldura circular, e un pequeno nicho de forma semicircular cun enmarcado sogeado.
No muro Meridional, ábrese un van estreito, en forma de aspillera, cun amplio abocinamiento cara ao interior, presentando un arco sogueado con forma de medio punto.
No muro Oriental, atópase un perpiaño rematado nun modillón con decoración sogueada. Tamén aparece outro perpiaño sogueado rematado por un baquetón.
No muro Norte, colocadas horizontalmente e visibles dende o interior, unha no interior e outra dende o exterior, duas pilastras divididas en tres faixas paralelas cun baquetón central, con forma de espiña de peixe.
No muro Sur, aparece un pequeno nicho decorado cun baquetón sogueado.
En traballos de excavacións arqueolóxicas comprobouse que os muros actuais non corresponden ao edificio primitivo, do cal non se atoparon cimientos, supondo que se atopan nas inmediacións. Ademáis apareceron partes de vasixas e cerámicas, materiais de bronce e ferro, e moedas (maravedies) da época de Felipe III, IV e V, e Carlos II e III. O máis sorprendente, foi achar tumbas infantís e de adultos, con restos óseos. Todo o atopado está exposto no Museo Arqueológico Provincial de Ourense, na Rúa do Bispo Carrascosa, 1.
Outras pezas foron documentadas esparcidas polas casas e formando parte dos muros dos viñedos de Francelos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario