novas...

A RESTAURACIÓN DA PONTE MEDIEVAL DE FRANCELOS iniciouse o día 14 de novembro. Ten unha gran importancia histórica por formar parte do camiño medieval que transcurría tralo Pazo denominado "A Granxa do Outeiro", dependente do Monasterio de Melón. Este camiño era unha das principais rutas medievais de comunicación comercial da comarca de O Ribeiro para transportar os viños e como vía de comunicación. A actuación consistirá no empedrado da ponte e o seu entorno, tratándoó có respecto que merece este monumento e o camiño medieval do que forma parte. As obras están incluidas nas actuacións do plan provincial de cooperación xunto con outros camiños na localidade de San Paio e de Prexigueiro, contando cun orzamento total de 60.165 euros. (17/10/2016)
SIRENAS DO PLAN DE EMERXENCIA DA PRESA DE CASTRELO: A finales del año 2015
instalaronse catro sirenas (unha delas en Francelos, xunto á depuradora) dentro das medidas de implantación do Plan de Emerxencia da Presa de Castrelo, para incrementar as garantías de seguridade da poboación. Así mesmo, na mañá do día 16 de Febreiro, realizáronse diversas probas de son como parte dunha simulación de activación de dito Plan, para que os veciños coñeceran a sinal das sirenas, por si algún día sucedese a rotura da presa. Foi audible nos concellos de Castrelo de Miño, Ribadavia e Arnoia. Este Plan tamén foi implantado na presa de Frieira. (06/02/2016)
COMEZO DAS OBRAS NA "GRANXA DO OUTEIRO"A mediados do mes de xaneiro iniciáronse as obras na contorna da "Granxa do Outeiro" en Francelos. Este lugar que e considerado como parte do patrimonio de O Ribeiro, estaba nunha situación de total abandono, e por iniciativa particular, vai ser arranxado e recuperado para facer unha especie de hotel ou casa de turismo rural(15/01/2016)
REHABILITACIÓN DA PONTE DE FRANCELOS: O pleno da Corporación Municipal de Ribadavia aprobou a proposta do grupo de goberno socialista sobre a relación de obras para acollerse aos Plans Provinciais correspondentes ao ano 2016, que contempla a rehabilitación da ponte románica de Francelos.
Foi a segunda ocasión que a Corporación abordou este asunto, dispois de deixalo sobre a mesa nunha sesión anterior a petición dos grupos da oposición PP, BNG e Ribeiro en Común, que non deron o seu voto favorable porque a proposta non fora previamente consensuada pese a que o PSdeG goberna en minoría.
Nesa primeira sesión non foi suficinte o único apoio de CXG, ainda que onte finalmente resolvíase coas abstencióes do PP e BNG e o voto a favor tamén de Ribeiro en Común.
A aprobación prodúxose dispois dunha reunión de portavoces e unha comisión informativa na que non se chegou a consensuar a relación de obras, xa que PP e Ribeiro en Común, tambén plantexaron as súas respectivas alternativas. (24/11/2015)
PLACA HOMENAXE A D. JOAQUÍN: Tras a celebración da derradeira misa en domingo que D. Joaquín oficiaba na Iglexa de Sta. Mª. Magdalena, (debido a súa xubilación e regreso ao seu pobo natal en Zamora), o cura descubriu ante a mirada atenta do pobo, unha placa colocada á dereita da porta da iglexa, que reza: A parroquia Santa María Magdalena de Francelos ao seu parroco D. Joaquin Perez Mostaza 1965 - 2015. (13/09/2015)
50 AÑOS COMO CURA: Os veciños, amigos e fieles homenaxearon ao párroco de Francelos e Prexigueiro, D. Joaquín Pérez Mostaza (Xocas cunha comida de fraternidad no restaurante Oasis, tanto por cumplir 50 anos como cura, como porque se xubila e retorna ao seu pobo natal de Zamora. (06/09/2015)
HOMENAXE A ODETTE PÉREZ QUINTAS, "ANITA": O salón de Plenos do Concello de Ribadavia acolleu un acto homenaxe e recoñecemento a Odette Pérez Quintas, coñecida por Anita, e natural da parroquia de Quins ainda que a maior parte da súa vida a desenrolou en Francelos (Ribadavia), onde dende sempre se mostrou como dinamizadora da vida cultural, social e educativa. Coñecida como activista, incansable nas causas de xustiza social e en el campo cultural, e a súa voluntad e loita para contribuir ao benestar, desenrolo e mellora da vida de seus veciños que foi recoñecida polo Concello de Ribadavia nun acto de agradecemento ás 12:00 horas da mañá(30/05/2015)
O FRANCELOS FC, SUBE A 1ª AUTONÓMICA: O pasado Domingo 17 de Maio, xogouse no Campo de Valboa o último partido da tempada 14-15, contra o Loñoá CF. Loitábase polo ascenso de categoría. Só podían subir dous, o Peroxa FC xa estaba clasificado, e pola outra praza loitaban o Francelos FC e o Maside FC, separados ambos por un punto a favor do noso equipo. A aficción acudiu ao campo vestidos de vermello, e tras 90 minutos de infarto gañamos 2-0 ao Loñoá CF. (17/05/2015)   
REAPERTURA D'O BAR CABEZAS': Tras unhas efectivas remodelacións e modificar a estética, sobre todo na súa famosa terraza, unha nova xeración da familia "Os Cabezas" volve a abrir o bar-cafetería tras unha gran tempada pechada. Ainda que agora pase a chamarse "A Parra", a xente seguirá quedando para tomar algo n"O Cabezas". Seempre foi un dos bares máis representativos de Francelos tanto pola comida como polo servizo excelente que prestaban. (08-05-2015)
PECHE D'O BAR CADENAS': Despois de 43 anos, pechaba o derradeiro dos bares emblemáticos en Francelos, o Bar Cadenas. Os seus propietarios, Pepe, Benxamín, Lola e Felisa, fixeron que o noso pobo fose recoñecido en moitos sitios como un lugar perfecto para comer os mellores peixes e anguias. Nalgún intre había 3 locais onde se podían degustar estes pratos típicos, eran o Bar Maruja, o Bar Cabezas e o Bar Cadenas. (21-02-2014)
INAUGURACIÓN DUN VELATORIO: Francelos contará cunha sala velatorio, remodelando curiosamente as instalacións dunha antiga fábrica de ataúdes clausurada fai moitos anos. Os mortos siguen sendo a finalidade destas vellas instalacións de Francelos das que no seu día saían centos de ataúdes e que agora os recibe pero con ocupantes incluidos para ser velados. Unha nova función para as que foron reconvertidas e que foi moi ben acollida polos veciñosEsta sala velatorio atenderá non so aos difuntos da parroquia senon ao resto do municipio. Das moitas fábricas de ataúdes que fai décadas tíña Ribadavia agora so queda unha, da familia Chao, que no seu momento era a número un de España, e que agora viu reducida significativamente as suas ventas ante a existencia de novos competidores notros concellos e comunidades autónomas. (03-01-14)
O COCHE DE GOOGLE RECORRE DE NOVO FRANCELOS: No verán do 2013 o coche de Street View de Google grabou coa súa cámara algunhas rúas do noso pobo ás que non se podía acceder antes. Gracias a estas grabacións podremos exploralo de forma virtual e con unha visión de 360º. Dende a mesma entrada do pobo, podremos percorrer a estrada de Filgueira, incluso baixar pola rúa Ramal ata a praza do Curceiriño. Aínda así hai rúas polas que non podremos desplazarnos como por exemplo, pola rúa Lucía. Se seguimos a estrada OU-801 podremos chegar ata Prexigueiro (eso si, sen adentrarnos no mesmo). (16-07-13)
RUTA DO VIÑO DO RIBEIRO: Procedeuse á señalización da denominada “Ruta do Viño do Ribeiro”, que forma parte duna das cinco rutas do viño de Galicia (que xunto a tres de Portugal integran o plan europeo Interreg). A execución destta ruta iniciouse no 2008 có presuposto de 144.000 euros, e ademais concedeuselles unha subvención de 101.000 euros para un plan de promoción. A “Ruta do Viño do Ribeiro” xorde co obxeto de promover o desenvolvemento socioeconómico desta comarca vitivinícola ademáis de conservar o patrimonio artístico, cultural e natural e como non difundir a cultura do viño. (01-07-11)
INAUGURACIÓN DO PARQUE: Ás 12:30, tras varios intentos frustrados polo mal tempo, levouse a cabo a inauguración da nova área de recreo de Francelos. Descubriuse unha placa conmemorativa da apertura do parque, despois as autoridades locais dedicaron uns minutos a explicar dito acontecemento e finalmente a cita concluiu cun aperitivo para todos os asistentes, regado con viño do Ribeiro. A nova zoa de recreo ten unha superficie de 5.000 metros cuadrados, na que se distribue un parque infantil, espacio para a ximnasia, carril bici e de patinaxe, un pequeno escenario con gradas para diversos espectáculos como teatro, sendeiros para peatons, un estanque e tamén un espacio habilitado para a celebración das festas e para o baile. (26-02-11)
NOVOS ACCESOS AOS VIÑEDOS: O pasado luns día 18, comezou o ensanchamento e afiermado dos accesos aos viñedos, e a mellora do regadío. Deuse inicio na 'Riveira' do rio Miño, pasando por 'De Alvarez', seguindo polo 'Galiñeiro', 'Barreiro', 'Barcelos' para rematar no 'Lumideiro' (tamén chamado 'As Puzas'). O proxecto ten un orzamento de 75.624 euros. (18-10-10)
ABERTO O VALNEARIO DE PREXIGUEIRO: Fíxose a partires da reconstrucción dun antigo edificio, utilizando como materiais principais a pedra rústica e a pizarra, e respetando o entorno natural e forestal no que se atopa ubicado o manantial termal. Está formado por oito termas ao aire libre, cinco de auga quente, un spa e duas de auga fría (oscilan entre os 37º e 41º), conformando un circuito perfectamente integrado na paisaxe, que se complementa con outras tantas bañeras individuais no interior do edificio. O establecemento ten capacidade para acoller entre 500 e 800 persoas ao día, e realiza tratamentos con variedades de uva treixadura e mencía, ademáis de prestar outros servizos. (30-07-10)
COMEZO DAS OBRAS: No último día do mes de Maio comezaron as obras para a recuperación mediambiental do antigo campo da festa de Francelos. Un gran cartel indica que a obra está promovida polo concello de Ribadavia, que o contratista é Belypa Construcciones, S. L., e que o orzamente alcanza os 304.984,32 €. Tamén se fai saber que o prazo de execución está previsto para Decembro do 2010. (31-05-10)
PROXECTO DO NOVO PARQUE: O Alcalde de Ribadavia, Marcos Blanco, xunto a dous concelleiros, acudiron ao Centro Social de Francelos, para dar a coñecer o proxecto e os planos do novo parque que se realizará no antigo campo da festa de Francelos tras ser adquirido polo Concello. (12-02-10)
30 ANIVERSARIO: A Charanga Valparadiso de Francelos cumpliu 30 anos neste entroido. Esta asociación naceu en 1980 coa intención de encher de colorido e de cantos as rúas do Ribeiro. Sempre foi e será unha das charangas máis felicitadas e premiadas destas festas, pola ledicia que desprende e polas melodías e cancións compostas pola alma desta murga, Ana Odette Pérez. (09-02-10)
RECUPERACIÓN CAMPO FESTA: O Fondo Estatal de Inversions Locais de Ribadavia para o ano 2010 supondrá unha inversión para o concello de casi 600.000 euros, que a corporación municipal destinará, de forma maioritaria, á realización de proxectos no medio rural. O de maior coste, cunha inversión de 304. 000 euros concretarase na recuperación medioambiental do antigo campo da festa de Francelos, que tras ser adquirido polo Concello, cumplindo una promesa electoral do PSOE transformarase agora nun amplio espacio lúdico e de ocio, según recoñeceu o rexidor, Marcos Blanco Jorge. (04-02-10)
CHEGA O TDT: Según o calendario de apagóns analóxicos e conexións da TDT, prodúxose a desconexión dos centros de Cea, Maceda, O Carballiño, O Irixo, Maside, Ribadavia-Cenlle e Toén. Os apagados beneficiarán a 41.800 persoas repartidas por un total de 15 municipios da provincia de Ourense. O día seguinte, realizouse a desconexión de varios centros de municipios de Lugo e Ourense, concretamente de O Barco de Valdeorras no caso ourensano. O apagado completarase o día 1 co apagado en Ourense, Avión, Chandrexa, Lobios, Leiro, Nogueira, Sobradelo e Espadanedo. (27-01-10)

GOOGLE RECORRE FRANCELOS: O coche de Google Street View recorreu Francelos cunha cámara no teito para facer fotografías panorámicas a nivel de rúa (360 grados de movemento horizontal e 290 grados de movemento vertical), permitindo aos usuarios ver partes do poblo e as suas áreas circundantes. Pódese navegar a través destas imáxes utilizando os cursores do teclado ou usando o rato. Todas as fotografías son sempre modificadas antes da súa publicación final, difuminando caras e matrículas, debido ás políticas de privacidade internas dos diferentes países nos que o servizo está presente. (04-09-09) Pincha AQUÍ para acceder a Street View.
ENSANCHAMENTO DOS CAMIÑOS: A principios do mes de Decembro, iniciaron o ensanchamento dos accesos as viñas e mellora do regadío, comezando nas 'Carballeiras' e rematando no 'Paso' da vía do tren, que tamén será modificado para que só poidan cruzar as persoas, excluindo así o paso a todo tipo de vehículos. (04-12-08)
27% DOS VOTOS: O casco Histórico de Ribadavia, resultou a vencedora no concurso "A Terra dos Prodixios", ao ser a elexida como a maior marabilla de Galicia. No segundo lugar quedou o Colexo do Cardenal de Monforte de Lemos cun 26%, en terceiro as Dunas de Corrubedo cun 24% e en cuarto lugar a Torre de Hércules cun 23%. (27-10-08)RIBADAVIA FINALISTA: O casco Histórico de Ribadavia (Ourense), xunto coa Torre de Hércules e as Dunas de Corrubedo (A Coruña) e o Colexio do Cardeal de Monforte de Lemos (Lugo), son as tres xoias da xeografía galega que conseguiron ser as finalistas do concurso "A Terra dos Prodixios". Todas elas buscan ser escollidas como a maior marabilla da comunidade autónoma galega. O Xoves será a final na Televisión de Galicia. (24-11-08)DEZASEIS ALEGACIÓNS: Presentounas a asociación ecoloxista Coto do Frade ao Plan Galego de Residuos Sólidos, elaborado pola Xunta. Nelas rexeitan as explicaciones oficiais dadas pola Consellería de Medio Ambente, e expoñen a inviabilidade do centro receptor de Residuos, pola cercanía a núcleos poblacionais, esixiedo unha información clara e transparente en todoslos aspectos. (18-11-08)
O NOSO CURA: Don Joaquín (Xocas), cumpliu neste ano 2008 as Bodas de Ouro Sacerdotais, e preto de 500 persoas do pobo de Francelos e Prexigueiro, participaron na homenaxe ao párroco. Primeiro, na igrexa parroquial de Santa María Magdalena (Francelos), foi oficiada unha misa solemne polo vicario da Pastoral da Diócesis de Ourense, e despoís, os asistentes participaron nunha gran comida de celebración. Os feligreses e amigos contribuiron a entrega dunha placa conmemorativa dos 50 anos como sacerdote xunto cun reloxo. Joaquín Pérez Mostaza é natural de Zamora, ten 77 anos de idade, e reside en Francelos dende fai 43 anos. Ademaís de ser párroco de Francelos e Prexigueiro, tamén é arcipreste de Ribadavia. Coa súa chegada á comarca, rematouse de construir a igrexa, posto que antes sómente se contaba coa capela de San Xes. (19-10-08)
MEDIO SÉCULO DESPOÍS: Recuperouse a titularidade pública dunha paraxe que pasara a mans privadas no ano 1956, e que está ubicado na estrada de Filgueira. Antigamente este terreo era utilizado como campo de fútbol e incluso para corridas de toros. Para recuperalo, Medio Ambiente invertiu uns 225.000 euros, e agora destinaráse para crear unha área recreativa con zoa verde, na que tamén se podrán celebrar as festas de San Pedro e San Xes. (11-10-08)
DENUNCIA POR VERTIDOS: O pasado día 31 de Xullo, entre as 17:00 e as 18:00 horas, detectouse un vertido de lodos procedente da depuradora de augs residuais da localidade de Francelos ao rio Miño, según denunciu un vocal da asociación ecoloxista Coto do Frade, ante a Garda Civil de Ribadavia, no día de onte. (02-08-08)
PRAZA RENOVADA: Concluiuse a reforma da Praza do Curceiriño. Obras iniciadas o 9 de Outubro do 2006, grazas a un convenio de colaboración firmado polo Concello de Ribadavia coa Consellería de Medio Rural para ampliar os traballos na praza do Curceiriño de Francelos, para concluir o seu empedrado. O empedramento prolongouse maís do previsto, e Medio Rural tubo que ampliar con 120.000 euros a reforma da praza de Francelos. (11-10-07)
PARQUE SI ou NON?: Os opositores ao Parque MedioAmbiental de Carballeda de Avia manifestaronse polas rúas de Ribadavia ata a Praza Maior. Unhas fontes dicen que participaron 5.000 personas, outras dicen que só foron 750. O dilema está servido. Hainos que apoian (arroupados polo Psoe) a ubicación do parque, destinado a empresas que reciclarán a basura de Galicia, negando que a zona se convertirá nun basureiro e que será positvo, xa que xerará a creación de emprego. En contra, está a xente do foro "Temos dereito a saber" que solicita unha maior claridade nos proxectos, posto que creen que se están encubrindo datos, e que o único que conlevará este parque é a agresión ao medio ambiente, arruinando terras, rios e incluso á poboación pola súa proximidade. (15-09-07)
PONTE COMO NOVA: Un Obradoiro de Emprego de Ribadavia reformou a Ponte Románica e o entorno de Francelos, debido a unha memoria presentada pola Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico e o departamento de promoción socioeconómica do Concello de Ribadavia ante a Xunta. (21-01-06)
CONTENCIOSO: Os veciños de Francelos esperan a convocatoria dunha reunión informativa do Concello. O alcalde non reuniu aínda, como anunciou, a os veciños de Francelos para informarlles da situación actual e ofrecer asesoría xurídica no caso de que queiran presentar algún contencioso administrativo contra a minicentral. (07-02-06)
A GRANXA: O pasado 12 de Agosto, un importante incendio que se originou en Melón, alcanzou A Granxa do Outeiro, destruindo unha gran parte deste coñecido Pazo de Francelos. A consecuencía desto, o Pazo quedou deshabitado, feito que foi aproveitado por uns ladróns para roubar varios efectos (seis cadros, un sillón de coiro con escudo, un escudo antigo, dous lavabos de porcelana, un alambique, cen libros antigos, unha lámpada de madeira e unha vaixela antiga) valorados en 60.000 euros. A Garda Civil iniciou as pesquisas para localizar aos ladróns e aos efectos roubados. (23-12-06)
ACAMPADA BRULL: O colectivo ecoloxista Coto do Frade preparou para este fin de semana unha acampada reivindicativa para defender o rio Brull, ao seu paso por Francelos, no que se prevé a construcción dunha minicentral. A presa, según lembran os ecoloxistas, estará ubicada entre Francelos e Barcia e conta xa con todos os permisos necesarios. (13-07-06)
MINICENTRAL, NON: A asociación ecoloxista Coto do Frade encheu as rúas das localidades de Francelos e de Barcia de pancartas reivindicativas en contra do proxecto de Engasa no Ribeiro. Os membros da asociación ecoloxista dedicaron boa parte do fin de semana en encher as localidades de Francelos e de Barcia, os principais afectados pola solicitude feita dende a empresa Engasa dun aproveitamento hidroeléctrico, de banderolas de tea reivindicativas. Nelas, con humor pero con contundencia refléxase, «Engasa fora de aquí», «Non te vendas veciño», «Minicentral non», ou a súa equiparación de todaslas formacións políticas á hora de defender o río entre outros lemas. (16-01-06)
SAN XOAN: O xuzgado de Ribadavia investiga os actos vandálicos ocurridos na noite de San Xoan. Xa que entre as doce da noite e as tres da madrugada, varios grupos de mozos cortaron en varias ocasións o alumado público no cadro eléctrico de Francelos, e houbo un enfrentamiento, a pedradas, con varios veciños. Incluso en Ribadavia, prodúxose a queima dun coche, convirtindo a mera broma en delito. (24-06-05)
CAMPEÓNS !: O Francelos Fútbol Club gañou por 2-0 (goles de Iago Soto Nores) a Copa Diputación B, nunha apaixoante final contra o Ribadavia Ath.. Partido que se celebrou ás sete da tarde n'O Couto (Ourense), a pesares das altas temperaturas vividas onte na cidade.(18-06-05)
PISCINA FLUVIAL: Ainda que a construcción da piscina cumpre as normas da Confederación, o proxecto de construcción dunha piscina fluvial en Francelos foi cuestionado polos concelleiros nacionalistas que alertaron ao rexidor, a través dun escrito entregado no Concello, da posibilidade de que as obras non se estén axustando á proposta técnica inicial. Trátase de acondicionar para o baño, a praia fluvial de Valboa en Francelos, o que esixe a instalación no rio Brull dunha presa desmontable. (09-06-03)
CEMITERIO: O consenso presidiu a elección do terreo no que ubicar o camposanto, unha superficie ubicada entre as localidades de Francelos e de Prexigueiro, existente xunto a unha antiga canteira. Así que, o novo cemiterio de Ribadavia farase nun solar próximo a Francelos. (24-01-03)
PARADA CATAMARÁN: Maís avanzada, en canto as negociacións se refiere, atòpase a posibilidade de lograr que o catamarán que percorre o rio Miño faga unha parada en Ribadavia, en concreto na localidade de Francelos, descartando a ubicación inicial na zona d'A Barca. Ainda que pode resultar dificultosa a súa execución, posto que en Francelos non existe a profundidade suficiente, tal e como se pudo comprobar nunha viaxe polo grupo de gobierno e a empresa que leva o catamarán, Autna. (26-09-03)´
NECRÓPOLIS: Fai vinte anos, unhas excavacións para adecentar o entorno da capela de San Xes de Francelos foron noticia, posto que nos baixos da igrexa de San Xes de Francelos existe unha necrópolis medieval. (10-08-02)
CHEGA O €URO: A Oficina Municipal de Información ao Consumidor, Omic, e a Asociación de Consumidores e Usuarios do Ribeiro, Acur, están desarrollando novas campañas de información e difusión ante a inminencia da entrada en vigor do euro. Ata a data organizaron charlas informativas en locais sociais de Francelos e Sampaio, que continuarán noutros centros. En ambos casos, considérase que o resultado obtido é altamente satisfactorio debido ao elevado número de asistentes, ao redor de cincuenta. (24-11-01)
PARQUE INFANTIL: Realizouse en Francelos, nun mes e medio, e cunha inversión de dous millóns de pesetas, unna nova área de esparcimento e recreo, ao lado do campo de fútbol e á ribeira do río Outeiro, que se completará cun parque infantil moi próximo a esta área, que estará dotado de «todo tipo de artificios para que os rapaces de Francelos teñan un lugar digno onde se poidan divertir». (18-06-01)
DANOS CUANTIOSOS: Os desperfectos maís graves foron na depuradora de Francelos -por 12,4 millóns- e no pabellón de deportes -que esixe unha inversión de casi 8 millóns-. Hai que ter en conta, sin embargo, que a reparación de camiños- en Santa Cristina, Sampaio, San Cristovo, Franqueirán, Santo André, Esposende, A Groba, As Chabolas, Francelos, Sanín e Prexigueiro- supera os 20 millóns. O resto dos daños detectáronse nos campos de fútbol d'O Xestal, San Cristovo e Francelos, as piscinas d'A Veronza, varios muros de cachotería, o parque público d'A Veronza, na estación de autobuses e en maquinaria da escola taller. En total, os daños polas inundacións do invierno ascenden a 120 millóns. (25-04-01)
INUNDACIÓNS: O temporal deixa na Comarca do Ribeiro, innumerables destrozos en camiños e instalacións. Debido á gran cantidade de choiva caída, aumentaron o seu nivel e caudal, tanto o rio Avia e o rio Miño, provocando importantes daños en Francelos, inundando a depuradora, asulagando a rede de abastecemento e saneamento, destrozando os camiños e cortando as estradas, sobre todo n'A Formigueira. Tamén houbo importantes daños en Ribadavia, tanto n'A Veronza, como no campo de fútbol O Xestal. (22-03-01)
DEFENDER AOS RIOS DO RIBEIRO: No marco das mobilizacións impulsadas pola Coordinadora Galega na Defensa dos Rios (CO.GA.DER), a Asociación Ecoloxista da Comarca do Ribeiro "Coto do Frade" e a Plataforma veciñal contra a Minicentral no rio Outeiro-Brull (Barcia-Francelos) realizouse unha concentración na Praza de Galicia, en Santiago, en defensa dos ríos da comarca ourensana do Ribeiro. (23-12-00)
NON A MINICENTRAL !: Celebrouse unha manifestación en Ribadavia, á que se presentou unha multitude de xente para evitar que a empresa Engasa, faga unha minicentral no río Outeiro-Brull, baixo os eslogans "Ríos para a vida, axuda a defender os ríos" , "Non á minicentral do Brull-Outeiro" , "Pola defensa dos noso rios, non os encoros" e "O rio e noso, o rio non é voso". (14-03-99)
CURTAMETRAXE EN FRANCELOS: A pesares do mal tiempo, Alber Ponte dirixe a curto "Atlántico Express", na caseta do tren. Ademaís de director, Alber é o guionista e o productor, coa súa productora Sierra Madre Producciones, S.L.. Os actores que participan neste proxecto son, Uxía Blanco, Manuel Botana, Elena Caccamo e Lúa Pereiro. De xénero dramático, pódese resumir o argumento así: "Despoís de varios anos emigrada, Lucía volve á casa paterna para intentar reatoparse coa súa infancia. Alí acontecerá algo que cambiará a súa vida". Pincha AQUÍ para ver o vídeo. (25-02-93)
DEPURADORA: Constrúse en Francelos, xunto á desembocadura do río Outerio no rio Miño, unha Estación Depuradora de Augas Residuais (E.D.A.R.). Fai un ano, xestionáronse e mercáronse os terreos en Francelos para a creación de dita pranta de augas residuais. (93)
CAMPO DE VALBOA: Acórdase mercar un terreo propiedade de Guillermo Martinez para a construcción dun campo de fútbol na zoa de Valboa (de ahí o seu nome). Realíxase grazas a unha subvención de 4 millóns de pesetas, e dos donativos dos veciños. Antes da federación do Francelos como Club de Fútbol, o equipo xogaba os seus partidos no campo d'As Travesas, situado na entrada do pobo. O 9 de Mayo de 1980 foi rubricada a federación do club. (05-08-82)

REI JUAN CARLOS I EN RIBADAVIA: O rei de España visita Ribadavia, e estás foron as suas verbas: "Gracias, señor Alcalde, por esas cariñosas y expresivas palabras. Gracias, Ribadavia y comarca del Ribeiro. Quisiéramos, la Reina y yo, ante todo, agradecerle al Alcalde habernos traído aquí, a esta Casa Consistorial, a todos los Alcaldes de la comarca que acabamos de saludar y dirigirme a ellos para decirles que, en representación como han venido de sus pueblos, les lleve el saludo de los Reyes de España. Y a vosotros, pueblo de Ribadavia, nuestro agradecimiento y nuestro cariño, y deciros, también, que si hemos venido hasta estas lejanas tierras gallegas, pero que están cerca de nuestro corazón, puesto que todas las regiones de España y todos sus pueblos están cerca de nosotros dos, deciros que juntos, y no solos, tenemos que construir ese futuro, partiendo de este presente; y que juntos, trabajando con vuestro, esfuerzo y con el nuestro, haremos esta España grande y que todos queremos. Yo sé que el Gobierno no descansa en tratar de darles soluciones a los diferentes problemas que hay, que son muchos, y vosotros lo sabéis. Pero los resolveremos con la ayuda de todos, con nuestro esfuerzo y con el mío por delante, con la ayuda de todos vosotros. Muchas gracias". [Foto: Bernardo Mtnez] (27-07-76)
TELECLUB: Levántase xunto a Igrexa de Santa Mª Magdalena, un edificio de pranta baixa destinado para realizar reunións e toda clase de actividades culturais do pobo, denominado TeleClub. É construido polos veciños do pobo e inagurado o 27-11-69.
STA. Mª MAGDALENA: Inagúrase a nova igrexa do pobo, situado no alto d'As Eiras. Un mes antes, Don Joaquín fíxose cargo de dita igrexa. Tempo atrás, as misas levábanse a cabo na Capela de San Xes, e eran oficiadas polo capelán Don Manuel, axudando ademaís ao abade Don Julio Villasante a oficiar as misas en Ribadavia. (17-10-65)
CONSTRUCCIÓN ESCOLA: Os rapaces do pobo, cambian a escola situada na calle O Pouso, pola recién construida Escola da Fontiña Mariña. Na mesma pranta, sepáranse os nenos das nenas, eles cun profesor, e elas cunha profesora. Estarán dos 6 aos 14 anos, e deixarán de utilizar pizarra e pizarrín, para utilizar tinteiro, pluma e papel secante. (1960)
PRAZA PORTATIL DE TOUROS: Nas festas da Virxen do Portal, construían no antigo campo de fútbol de Francelos ubicado na estrada de Filgueira, un tendido portatil o cal enchíase para ver as corridas e como os toureiros lidiaban as reses. [ Foto Chao ] (1951)

No hay comentarios:

Publicar un comentario